Imprimir

Pedimos información ao goberno local sobre que pensa facer diante do anuncio de subasta da Torre de Figueroa

bngasmarinhas | 24 de febreiro de 2020

Torre de Figueroa
Torre de Figueroa

Queremos saber que medidas de protección ten previstas o concello para preservar un Ben de Interese Cultural (BIC) como a Torre de Figueroa vinculada históricamente ás terras de Abegondo”

Abegondo, 21 de febreiro de 2020. O BNG pediu información ao goberno local sobre que pensa facer diante do anuncio de subasta da Torre de Figueroa. “Pedimos información para saber se o concello ten algunha información desde que se convocou a poxa”, explicaron desde o BNG. “Queremos saber que medidas de protección ten previstas o concello para preservar un Ben de Interese Cultural (BIC) como a Torre de Figueroa vinculada históricamente ás terras de Abegondo”, engadiron.

“Queremos saber como lle vai afectar a subasta a este Ben de interese cultural de grande interese arquitectónico, cultural a nivel histórico e mesmo ambiental”, indicaron desde o BNG. “Polo que sabemos entre as propiedades que se van subastar inclúese un souto que é un dos poucos que quedan no territorio de Abegondo. Que medidas vai tomar o concello para protexer este espazo natural e paisaxístico?”, cuestionaron desde o BNG.

A Torre de Figueroa é un dos bens patrimoniais máis importantes da nosa comarca, con elementos que foron construídos no século XII. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/abegondo/pedimos-informacion-ao-goberno-local-pensa-facer-diante-do-anuncio-subasta-da-torre-figueroa/20200224110901002381.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego das Mariñas

Bloque Nacionalista Galego 

Travesía da Torre, 2, 1º

(15300) Betanzos

Correo electrónico: marinhas@bng.gal

Teléfono : 981776466