Pedimos o apoio do Pleno de Oza-Cesuras ás traballadoras de Universal Support

Estefanía Busto no Pleno en Oza-Cesuras
Estefanía Busto no Pleno de Oza-Cesuras

O BNG presentará no vindeiro pleno, que se celebrará este venres día 3 de novembro, unha moción en defensa dos postos de traballo en Universal Support, o call center que tiña o Banco Pastor no polígono de Bergondo. “Entre os 270 traballadores e traballadoras do centro hai unha boa parte que son veciñas do noso concello, ademais de outros concellos da comarca”, explica Busto.

Pedimos o apoio do Pleno de Oza-Cesuras ás traballadoras de Universal Support

Oza dos Ríos, 2 de novembro de 2017. O BNG presentará no vindeiro pleno, que se celebrará este venres día 3 de novembro, unha moción en defensa dos postos de traballo en Universal Support, o call center que tiña o Banco Pastor no polígono de Bergondo. “Entre os 270 traballadores e traballadoras do centro hai unha boa parte que son veciñas do noso concello, ademais de outros concellos da comarca”, explica Busto. “Actualmente, o cadro de persoal desta empresa, especializada en produtos financeiros, descoñece que vai ser tanto da firma como dos postos de traballo radicados no polígono de Bergondo, se ben xa pasaron arredor de 40, por medio dunha venda, a empresas filiais de Abanca” engade.

A situación da empresa está no aire desde que o Banco Santander se fixo co Popular “polo prezo dun café”, explican as nacionalistas, que mantiveron varias xuntanzas de traballo con representantes dos traballadores. “Que o Santander peche ou venda Universal Suport supoñerá poñer en risco ou destruír os 270 empregos que mantén na comarca, cuns salarios que se reinvirten en boa medida no tecido produtivo e comercial de Betanzos e as Mariñas” explica a edil nacionalista.

Por este motivo, as nacionalistas pedirán que o Concello amose o seu apoio e que se lle pida ao Santander que manteña a marca Banco Pastor, como xa fixera o Popular, para garantir a permanencia dos postos de traballo na comarca.

Lumes Forestais

As nacionalistas tamén levarán a pleno unha moción para demanadar da Xunta unha reforma integral da Servizo de Defensa Contra Inciencios Forestais, dotándoo dun mando único e eliminado as brigadas municipais, para garantir a coordinación, profesionalización e homologación en formación, equipamento e condicións laborais.

Entre as medidas que propón o BNG está a regulación e ordenación do espazo ruaral e de medidas preventivas “Non podemos permitir que se convirtan en eucalptais as terras agrarias e prados, xa que desordena o territorio e aumenta os riscos de incendio, e menos a carón dos núcleos de poboación” concluíu Busto.

Pedimos o apoio do Pleno de Oza-Cesuras ás traballadoras de Universal Support