Celebramos cunha festa nacionalista en Ponte Aranga o día da Patria galega

romería patria

O BNG celebrará o día da Patria nas Mariñas cunha festa nacionalista na area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga.

Celebramos cunha festa nacionalista en Ponte Aranga o día da Patria galega

Betanzos, 14 de xullo de 2017. O BNG celebrará o día da Patria nas Mariñas cunha festa nacionalista na area recreativa do barranco da loba en Ponte Aranga. Á xornada acudirá Xabier Campos, membro da executiva nacional do BNG, e militantes e simpatizantes do nacionalismo na comarca das Mariñas. A actividade enmarcase nas actividades con que o BNG preparará o día da patria galega “nos que reivindicaremos a necesidade de soberanía para Galiza”, explicou a responsábel do BNG das Mariñas, Cristina López.

A actividade enmarcase nas actividades con que o BNG preparará o día da patria galega “nos que reivindicaremos a necesidade de soberanía para Galiza”

O BNG convida a esta actividade a calquera persoa que queira participar inscribíndose no correo electrónico [email protected] e a asistir a manifestación que como todos os anos convoca en Compostela o día 25 xullo ás 12 saíndo da Alameda de Santiago co lema "Galiza a nación que compartimos".

Celebramos cunha festa nacionalista en Ponte Aranga o día da Patria galega