RÍA

Levaremos ao Parlamento os últimos verquidos contaminantes á ría de Betanzos

Pedirá información sobre as analíticas realizadas pola Xunta e demandará responsabilidades de Augas de Galiza polos verquidos ao río Callou. Demanda “contundencia” ante os verquidos e lembra que hai postos de traballo que dependen directamente da ría e a calidade da súa auga.

Bergondo, 11 de novembro de 2016. O BNG das Mariñas anunciou hoxe que pedirá información no Parlamento sobre as analíticas levadas a cabo no río Callou a pasada semana e sobre as responsabilidades a Augas de Galiza, despois de coñecer onte a existencia dun novo verquido. “Vemos moi preocupante a situación despois de sufrir dous verquidos nunha semana, nesta ocasión de produtos químicos”, explicou o portavoz do BNG de Bergondo, David Carro.

“É unha situación moi preocupante xa que se están producindo verquidos continuos na ría, que xa ten unha calidade das augas preocupante” explica o voceiro nacionalista, que recorda que “hai postos de traballo directos que dependen da ría como os das mariscadoras, ademais das consecuencias que os verquidos teñen para o medio”. Recordan neste sentido que a confraría de Miño tamén manifestou a súa preocupación diante duns verquidos que ameazan o seu medio de vida.

“A ría de Betanzos e os ríos que desembocan nela son parte da Reserva da Biosfera e da Rede Natura 2000 e estamos vendo como a calidade das augas é cada vez peor e como se producen verquidos continuos sen ningunha consecuencia”, explicou o voceiro do BNG de Betanzos, Henrique del Río, quen volveu reclamar que se esixan “responsabilidades de forma contundente”.

Os nacionalistas anunciaron que presentaran unha petición de información no Parlamento de Galiza para coñecer os resultados das analíticas levadas a cabo a semana pasada, despois do vertido de hidrocarburos. Presentarán, ademais, unha iniciativa esixindo a Augas de Galiza medidas contundentes coas persoas responsábeis.

“Parece que os delitos contra o medio ambiente saen gratis, e hai unha sensación de resignación, como se non se puidera cambiar a situación e estivesemos condenados a ver como se degrada a nosa ría” explican desde o BNG. “Reclamaremos ao goberno galego que ten a competencia sobre a calidade das Augas e demostre que isto non é así”, concluíu o edil brigantino.  

Levaremos ao Parlamento os últimos verquidos contaminantes á ría de Betanzos