Imprimir

Exixiremos no Pleno extraordinario de Betanzos que o goberno local poña solución á situación do servizo de axuda no fogar

bngasmarinhas | 17 de abril de 2019

O BNG comprometeuse despois do 26 de maio a estudar a opción de remunicipalizar o servizo despois de coñecer os problemas que outras empresas cos mesmos donos teñen na xestión do SAF en concellos limítrofes como Abegondo e meses atrás soubemos da situación do servizo en Miño

O BNG comprometeuse despois do 26 de maio a estudar a opción de remunicipalizar o servizo despois de coñecer os problemas que outras empresas cos mesmos donos teñen na xestión do SAF en concellos limítrofes como Abegondo e meses atrás soubemos da situación do servizo en Miño

Betanzos, 16 de abril de 2019. O BNG exixirá no Pleno extraordinario que se celebrará mañá a petición dos grupos da oposición que o goberno local poña solución á situación do servizo de axuda no fogar (SAF). “O goberno local xa leva demasiado tempo prolongando esta situación que é insostíbel polas condicións laborais das persoas traballadoras e tamén polo abandono do servizo que provoca queixas continuas das persoas usuarias e familiares”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “A proposta de acordo que levamos foi consensuada por todos os grupos da oposición diante da inactividade do goberno, que aínda despois de solicitar o Pleno agardou máis de 15 días para convocalo. É unha situación insostíbel que o BNG denunciou hai xa máis de un ano e que empeora co tempo”, engadiu o nacionalista.

A iniciativa que a oposición traslada mañá ao Pleno propón dar un prazo improrrogable de dez días á empresa concesionaria do servizo de axuda no fogar para corrixir todas as irregularidades e incumprimentos do contato relatadas pola coordinadora dos servizos sociais municipais e o secretario do Concello en senllos informes.

Problemas no SAF en Abegondo ou Miño

O BNG comprometeuse despois do 26 de maio a estudar a opción de remunicipalizar o servizo despois de coñecer os problemas que outras empresas cos mesmos donos teñen na xestión do SAF en concellos limítrofes como Abegondo e meses atrás soubemos da situación do servizo en Miño. “Onte enterámonos que outras empresas que xestionan o SAF noutros concellos como Abegondo ou Carral tamén teñen problemas coas empregadas que levan meses sen cobrar. Pensamos que a administración pública en servizos tan delicados como a atención ás persoas maiores ou dependentes non pode permitir estas situacións, e que é hora de tomarse en serio que determinados servizos precisan estudar a opción da xestión directa por parte da administración”, indicou a portavoz do BNG de Abegondo, Cristina López.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/exixiremos-pleno-extraordinario-betanzos-goberno-local-pona-solucion-situacion-do-servizo-axuda-fogar/20190417103427002288.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego das Mariñas

Bloque Nacionalista Galego 

Travesía da Torre, 2, 1º

(15300) Betanzos

Correo electrónico: marinhas@bng.gal

Teléfono : 981776466