Denunciamos que no orzamento de Bergondo para 2018 medran os gastos superfluos e baixa o investimento

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo
David Carro é o portavoz do BNG en Bergondo

O BNG presentou alegacións ao orzamento para o 2018 aprobado inicialmente, que insiste en cuestións como a privatización de servizos, no que o total do gasto a empresas privadas é de 1.822.733 € dun orzamento de 6,1€, ou as subvencións nominativas "a dedo", que representan o 71%

Denunciamos que no orzamento de Bergondo para 2018 medran os gastos superfluos e baixa o investimento

Bergondo, 16 de xaneiro de 2018. O BNG presentou alegacións ao orzamento para o 2018 aprobado inicialmente. “Neste orzamento mendran os gastos superfluos como atencións protocolarías ou festas –13 mil euros máis nos 2 últimos anos- diminue o gasto en investimento que pasa de aproximadamente un 20% a un 13% no orzamento para o vindeiro ano”, criticou o portavoz nacionalista, David Carro. “O goberno local funde 12.000€ en paparotas, e 133.000€ nos seus salarios mentres baixan as inversións, omite partidas para temas moi importantes como a loita contra a violencia machista, ou rebaixa as dedicadas a fomento do emprego", engadiu Carro.

“Cuestións como a privatización de servizos, no que o total do gasto a empresas privadas é de 1.822.733 € dun orzamento de 6,1€, ou as subvencións nominativas "a dedo", que representan o 71%, seguen a repetirse un ano máis sen que este previsto reverter a situación”, concluíu Carro. Os nacionalistas explicaron queo orzamento prevé unha cantidade de 97.800 € -500 € máis que no último orzmento aprobado- en subvencións de adxudicación nominativa a entidades. A maiores subvencionase con 1.500€ ou 1000 € para cada festa patronal ou de parroquia o que resultaría un total de 13.500 € tamén mediante subvencións nominativas. Do total reservado para subvencións, 139 000 € só o 29,4% se adxudicarían por concorrencia competitiva. “Parécenos inxustificábel que o groso dos cartos públicos se adxudiquen a dedo mentres só unha mínima parte vai a unha orde de subvencións. É unha forma de facer clientelismo con cartos públicos”, engadiu Carro.

Nas súas alegacións, o BNG bergondés solicitara partidas para a loita contra a violencia machista, o fomento do emprego, aumentar as dedicadas a acción social, e a mellora da biblioteca -para a que non se prevé investimento nin en obras nin en contratación de persoal-. Ademáis, solicitara estudiar a remunicipalización de servizos básicos, e un novo sistema de subvencións en concorrencia competitiva. 

Incumprimento das promesas do goberno

Desde o BNG explican que non atopan no orzamento ningún dos proxectos prometidos na firma do pacto de goberno. “Nin a compra dalgún castro, nin a senda do Rio Maior, nin a recuperación do  pazo de Baldomir, nin a construción da biblioteca pública, nin centro de día, nin viveiro de empresas, nin nada de fachada litoral, nada para a reitoral de Guísamo ...” enumeran, que, sen entrar en se estamos dacordo con algunhas destas actuacións, son promesas a veciñanza e que incumpren un ano máis.

Participación veciñal

“O goberno local debía presentar os orzamentos a veciñanza antes de aprobalos, responder ás propostas e indicar os motivos das que non inclúen (imposibilidade técnica, económica, ...) así como a vontade de realizala ou non no futuro, mais xa imaxinabamos que non sería así cando comezan co traballo en novembro, era imposible analizar as suxestións nun mes” expuxo o portavoz nacionalista David Carro. 

Denunciamos que no orzamento de Bergondo para 2018 medran os gastos superfluos e baixa o investimento