O Consello Nacional do BNG acorda crear unha nova comarca a nivel organizativo nas Mariñas

ría de Betanzos
ría de Betanzos

A creación desta nova comarca, que até o momento viña funcionando como parte da comarca da Coruña, responde ao fortalecemento da organización e ao medre que se ven producindo nos últimos tempos dentro da fronte nacionalista

Betanzos, 17 de xuño de 2017. O BNG constituiu esta mañá na reunión do seu Consello Nacional unha nova comarca a nivel organizativo nas Mariñas. A creación desta nova comarca, que até o momento viña funcionando como parte da comarca da Coruña, responde ao fortalecemento da organización e ao medre que se ven producindo nos últimos tempos dentro da fronte nacionalista.

“O BNG está nun bó momento na nosa comarca, estamos medrando e vemos como se está producindo un importante fortalecemento da base social do nacionalismo e por iso constiuímos unha nova comarca dando así ademais cumprimento aos acordos da nosa última asemblea nacional nos que decidimos adaptar no posíbel a organización interna ás comarcas naturais do País”, explicou a responsábel comarcal Cristina López.

A nova comarca está formada polos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño, Paderne, Irixoa, Oza e Cesuras. “Trátase de concellos fundamentalmente rurais aínda que a parte máis urbana é a cabeceira comarcal, Betanzos, e os concellos arredor da Ría que sufriron un importante crecemento coa especulación inmobiliaria dos anos 90 e que arrastran os problemas derivados deste crecemento”, explicou López, “a Ría de Betanzos, que sufre importantes probelmas de contaminación e a conca do Río Mandeo articulan a nosa comarca e temos moitos problemas ambientais, de transporte, de servizos no ambito rural aos que temos que dar unha resposta común”, engadiu.

A responsábel do BNG aproveitou para “animar a todas as persoas, mais sobre todo ás máis novas, a participar políticamente para cambiar a realidade dos nosos concellos e a nosa comarca contribuíndo así a cambiar o propio País”. 

O Consello Nacional do BNG acorda crear unha nova comarca a nivel organizativo nas Mariñas