Chamamos á veciñanza a participar no debate organizado pola Plataforma en defensa do tren

Debate tren

O BNG chama a veciñanza a participar nun debate organizado pola Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas o vindeiro martes día 17 de abril na libraría Biblos ás 20 h.

Chamamos á veciñanza a participar no debate organizado pola Plataforma en defensa do tren

Betanzos, 14 de abril de 2018. O BNG chama a veciñanza a participar nun debate organizado pola Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas o vindeiro martes día 17 de abril na libraría Biblos ás 20 h.

“A Plataforma en defensa do tren organiza un debate sobre a situación do transporte ferroviario na nosa comarca que entendemos que é fundamental. A liña ferroviaria que une a Coruña con Ferrol e que podería articular grande parte da nosa comarca é a eterna esquecida nos orzamentos do Estado do Partido Popular”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. “A liña Ferrol-A Coruña só recibiría o 1,5% do orzamento para o tren no noso País de chegarse a aprobar os orzamentos para 2018 propostos polo PP. Grande parte de este orzamento iría para o xa famoso by-pass en Betanzos, que leva anos presente nos orzamentos do Estado e sen que se execute un só euro”, engadiu.

“A liña ferroviaria podería articular a nosa comarca cun investimento que permitira modernizar unhas liñas do século pasado. Podería unir concellos como Bergondo, Betanzos ou Miño coa cidade da Coruña ou Ferrol, mais tamén Oza, onde se propón gastar 4 millóns de euros en soterrar unha liña sen apenas uso para a veciñanza, coa Coruña a través dun tren de cercanías”, indicou Cristina López, responsábel do BNG nas Mariñas.

Dende o BNG defenderon o transporte público como un servizo básico necesario para dotar de calidade de vida o noso rural e convidaron á veciñanza a participar no debate que terá lugar en Biblos organizado pola Plataforma en defensa do tren da Coruña e as Mariñas da que forma parte o BNG.

Chamamos á veciñanza a participar no debate organizado pola Plataforma en defensa do tren