Celebraremos o vindeiro sábado día 26 o seu tradicional homenaxe a Antolín Faraldo

convite acto Antolín Faraldo

O BNG celebrará o vindeiro sábado día 26 o seu tradicional homenaxe a Antolín Faraldo, na praza do seu nome na Ribeira a partir das 20:30 h.

Celebraremos o vindeiro sábado día 26 o seu tradicional homenaxe a Antolín Faraldo

Betanzos, 24 de agosto de 2017. O BNG celebrará o vindeiro sábado día 26 o seu tradicional homenaxe a Antolín Faraldo, na praza do seu nome na Ribeira a partir das 20:30 h. A homenaxe consistirá nunha lectura de textos con música e ofrenda floral e contará coas intervencións de Francisco Jorquera, presidente da Fundación Galiza Sempre e ex-portavoz do BNG no Parlamento galego e Henrique del Río, portavoz do BNG no concello de Betanzos.

Os nacionalistas recordaron que “a pesar de que a Corporación aprobou por unanimidade recoñecer e divulgar a figura de Antolín Faraldo no ano 2004, 13 anos despois aínda non fixeron nada neste sentido a pesar da insistencia do BNG”. “Nin ao PSOE nin ao PP interesoulles o máis mínimo difundir o significado da figura de Antolín Faraldo”, censurou o voceiro nacionalista, “a placa colocada no seu busto para explicar a importancia da súa figura púxoa o BNG no seu momento en vista da deixadez do goberno local, o mesmo que a exposición de paneis ou os dípticos explicativos e xornadas sobre importancia da Revolución galega de 1846 en colaboración coas asociacións culturais da comarca”.

Celebraremos o vindeiro sábado día 26 o seu tradicional homenaxe a Antolín Faraldo