Celebramos o comezo dos amaños no CEIP da Castellana

ceip-da-castellana_img150128t0

“Celebramos que o goberno local finalmente se puxese mans á obra e fixese algo polo CEIP da Castellana. Alégranos saber que o BNG ten contribuído, coas nosa denuncia constante deste tema, a lograr que o goberno local investise no colexio. Agora confiamos que esta só a primeira das actuacións no CEIP da Castellana. Lamentamos, iso si, que o goberno só acceda a facer obras no colexio polo medo a perder as eleccións

Celebramos o comezo dos amaños no CEIP da Castellana


Aranga, 24 de abril. Tras o comezo por parte do goberno local das obras para cubrir o patio cuberto do CEIP da Castellana, o portavoz do BNG, Carlos Díaz fixo públicas unhas declaracións nas que celebrou “que o goberno local finalmente se poña mans á obra e faga algo polo CEIP da Castellana. Esperamos que esta só a primeira das actuacións no centro”. O grupo nacionalista ten feito do CEIP da Castellana un auténtico cabalo de batalla no seu labor de oposición. Nos dous últimos anos foron frecuentes as súas denuncias da inacción dos gobernos local e autonómico e constantes as peticións de maior investimento no colexio da Castellana. 

O grupo nacionalista mostra a súa satisfacción polo anuncio: “é natural, porque o PP local negaba a competencia para facer reformas no colexio”, se ben esperan que a actuación se concrete “canto antes” e que non quede nun brinde ao sol como parte da campaña eleitoral de cara ás eleccións de maio.

“É evidente que o colexio precisa reformas urxentes. Non só cerrar o patio cuberto. Trátase dun edificio con 40 anos, sen apenas reformas desde a súa apertura”, recorda o portavoz do Bloque.

“Durante os últimos anos, fomos o único grupo consciente da importancia de investir máis en educación dos nenos e nenas de Aranga. Nos dous últimos anos, foi o BNG o único grupo en pedir ​ ​investimentos ​concretos​ ​para​ acometer obras​ ​urxentes​ ​de​ ​acondicionamento​ ​e​ ​reforma​ ​no colexio​ ​da​ ​Castellana,​ ​especialmente​ ​na​ ​substitución​ ​de​ xanelas​ ​ou​ ​na​ ​pintura​ ​das paredes​ ​exteriores”, lembran os nacionalistas.

O candidato do BNG á alcaldía, Carlos Díaz, recorda a necesidade urxente de mellorar o illamento do edificio principal, pintar as fachadas e propoñen tamén estudar a posibilidade de cubrir a zona do parque infantil cunha pérgola para protexer esta zona de xogos, utilizada tamén fóra de horario escolar.

Desde o BNG din lamentar que o goberno “só acceda a facer obras só polo medo a perder as eleccións” e fan fincapé na importancia de mellorar as prestacións dun servizo básico como é a educación para frear a caída demográfica en Aranga, algo imparable se continúa esta “inacción exasperante” do goberno local, remata Díaz.

Celebramos o comezo dos amaños no CEIP da Castellana