O BNG solicita a limpeza de camiños en Armuño e Espiritu Santo

O BNG de Bergondo reclamou que se limpen varios camiños públicos nos lugares de Armuño e Espiritu Santo, na parroquia de Lubre.

O BNG solicita a limpeza de camiños en Armuño e Espiritu Santo

 Bergondo, 05 de decembro de 2014. O BNG de Bergondo reclamou que se limpen varios camiños públicos nos lugares de Armuño e Espiritu Santo, na parroquia de Lubre.

“Logo de que veciños e veciñas dos mencionados lugares nos mostrasen a situación da que se atopan estos camiños solicitamos ao Goberno Local do PSOE a limpeza destos camiños”, explicou David Carro, do BNG de Bergondo, “a veciñanza traslodounos a necesidade de que se acondicionen para o transito peonil”.

“Trátase de camiños públicos de transito peonil que están completamente cubertos pola maleza xa que levan anos sen limpar”

“Segundo nos trasladaron residentes destes lugares, o situado en Espiritu Santo – que conecta este lugar con Armuño, a altura do nº 39 - comezaron a limpalo e acondicionalo fai máis dun ano”, indicou Carro, “mais os traballos quedaron sen rematar e así seguen despois de todo este tempo, co que agora ainda se atopa en peores condicións”.

“Trátase de camiños públicos de transito peonil que están completamente cubertos pola maleza xa que levan anos sen limpar”

“En canto ao situado en Armuño, este camiño era utilizado por residentes no lugar para camiñar ou atallar para algúns terreos de labranza, sen embargo, leva sen limpar dende fai varios anos, o que provoca que non poida ser utilizado xa que a maleza invadeo todo por completo”, informou. 

"Desde o BNG consideramos que as peticións dos veciños e veciñas son perfectamente realizables, non precisan de grandes esforzos, tan so vontade política de manter nun estado optimo os espazos públicos", indicou o nacionalista, “por iso solicitamos ao Goberno Local do PSOE que na maior brevidade posible solvente esta situación”.

O BNG solicita a limpeza de camiños en Armuño e Espiritu Santo