O BNG solicita información detallada sobre as obras de pintado previstas para a N-VI

BNG-COIROS
02-NOVEMBRO-2018

O BNG de Coirós reclama que se teñan en conta as demandas veciñais para mellorar os acceos aos núcleos de Queirís, Colantres e Os Chas á vez que solicitou información detallada das obras de pintado previstas para a N-VI ao seu paso polo Concello

O BNG solicita información detallada sobre as obras de pintado previstas para a N-VI

Coirós, 18 de Setembro do 2020. O BNG de Coirós reclama que se teñan en conta as demandas veciñais para mellorar os acceos aos núcleos de Queirís, Colantres e Os Chas á vez que solicitou información detallada das obras de pintado previstas para a N-VI ao seu paso polo Concello.

As recentes obras de mantemento na estrada N_VI no termo municipal de Coirós teñen xerado moita desconformidade na veciñanza da zona de Os Chas, Colantres e Queirís. “O pintado actual impide manobras de acceso e saída de núcleos que antes si podían realizarse” indica a nacionalista Pura Ferreño.

Apunta a voceira do BNG que “para este tramo existe un proxecto de mellora da seguridade viaria ao que as veciñas e veciños, teñen presentado numerosas emendas. Entre elas unha que recolle a necesidade de facer máis anchas as beiravías e habilitar illas de incorporación para facer máis seguras as entradas/ saídas aos distintos lugares e aldeas”

Tamén o BNG levou esta e as outras emendas diante do Pleno para que foran apoiadas pola Corporación, e preguntou polo tema ao Goberno do Estado “ A día de hoxe non tivemos resposta algunha por parte da delegación de Fomento nin do Goberno. E chama moito a atención que unha obra que tanto PP coma PSOE dixeron que sería inmediata sexa ignorada para facer un mantemento que non corrixe a inseguridade no cruce de Queirís”, engade Pura Ferreño.

No día de hoxe Pura Ferreño pediu información detallada sobre a entrevista que o Alcalde dixo ter na Delegación de Fomento na Coruña. “Ante a inexactitude das explicacións de Quintela vimos de rexistrar unha solicitude da copia dos acordos tomados nesa entrevista na que se detallen lugares, punto quilométrico e tipo de obra a realizar. En canto teñamos resposta comunicarémola a todas as veciñas e veciños” apunta no día de hoxe a voceira municipal do BNG.
O BNG solicita información detallada sobre as obras de pintado previstas para a N-VI