O BNG reclamou melloras na seguridade viaria no cruce da estrada de Moruxo en San Cidre

O cruce en San Cidre da estrada de Moruxo non ten veirarrúas nin iluminación
O BNG reclamou melloras na seguridade viaria no cruce da estrada de Moruxo en San Cidre

O cruce en San Cidre da estrada de Moruxo non ten veirarrúas nin iluminación

Bergondo, 2 de abril de 2014. O BNG reclamou melloras na seguridade viaria en San Cidre, no cruce da estrada AC 162, que une Sada e Betanzos, coa CP-0807 que vai a Moruxo.

“Este cruce resulta moi perigoso para os peóns, xa que non ten beirarrúas e o espazo para o paso de peóns case non existe”, explicaron David Carro do BNG de Bergondo, “ademais este primeiro tramo despois do cruce carece de iluminación o que fai aínda máis perigoso transitar por alí de noite”.

“Pensamos que sería beneficioso que este cruce contara cunha mellor iluminación aínda que non fose unha solución ao problema de seguridade viaria, si contribuiría a mellorar a situación”

“Este primeiro tramo da estrada amañouse no ano 2010 e a verdade é que está pensado claramente para o transito con coches pero resulta moi perigoso, polo ancho da estrada e a solución a dous niveis elixida para o cruce, para os peóns”, indicou Carro.

“Este cruce resulta moi perigoso para os peóns, xa que non ten beirarrúas e o espazo para o paso de peóns case non existe”

Os nacionalistas reclamaron unha mellor iluminación da zona e que se estuden medidas para mellorar a seguridade dos peóns neste cruce. “Xusto no cruce que é a zona máis perigosa non hai farola ningunha, os primeiros 50 metros, o que contrasta coa iluminación incluso excesiva, no resto da estrada. Pensamos que sería beneficioso que este cruce contara cunha mellor iluminación aínda que non fose unha solución ao problema de seguridade viaria, si contribuiría a mellorar a situación”, informou David Carro.

Os nacionalistas reclamaron tamén unha mellor sinalización nas obras da estrada de Moruxo

“As obras da estrada de Moruxo xa levan causado incomodidades dabondo á veciñanza, desde o ano 2010 en que se comezaron”, criticou Carro, “a realidade a día de hoxe é que mellorou algo a sinalización no tramo de obras pero segue sendo completamente insuficiente e pensamos que se debe mellorar antes de ter que lamentar un accidente”.

O BNG reclamou melloras na seguridade viaria no cruce da estrada de Moruxo en San Cidre