Propomos anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo

O BNG reclama que se aproveite a modificación do PXOM que puxo en marcha o goberno local para anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo, que suman en total 1028 vivendas previstas a menos de 500 m da costa.

Propomos anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo

Miño, 28 de maio de 2016. O BNG reclama que se aproveite a modificación do PXOM que puxo en marcha o goberno local para anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo, que suman en total 1028 vivendas previstas a menos de 500 m da costa. As nacionalistas presentarán esta alegación no período de consultas previas á modificación do Plan que se poden presentar diante da Consellería de Medio ambiente, territorio e infraestruturas até o día 20 de xuño.

“O goberno propón unha modificación do PXOM para converter en terreo rústico unha zona urbanizábel de 20 mil has alegando que é innecesario construír máis vivenda no concello e que esta urbanización se encontra a carón do río Baxoi e polo tanto causaría un prexuízo medioambiental. Polos mesmos motivos nós pedimos que se modifique para ordenalo como solo rústico Monte Piñeiro que son 200 mil has a carón das marismas do Baxoi, e que terían unha repercusión a nivel ambiental e paisaxístico aínda moito maior”, explicou a voceira do BNG-AA Olalla Barro.

 

“Polos mesmos motivos que esgrime o goberno para modificar o PXOM, nós pedimos que se modifique para ordenalo como solo rústico Monte Piñeiro que son 200 mil has a carón das marismas do Baxoi, e que terían unha repercusión a nivel ambiental e paisaxístico aínda moito maior”

 

“Presentaremos a nosa proposta como alegación e esperamos que impere o sentido común no noso concello onde se algo non precisamos é máis urbanismo salvaxe que xa vemos as consecuencias que trouxo”, engadiu Barro.

As nacionalistas recordaron que xa presentaran no trámite de modificación da urbanización de Monte Piñeiro, hai agora un ano, alegacións pedindo que se anulara este proxecto e que levan denunciando o seu impacto desde que se deseñou.

Propomos anular as urbanizacións de Monte Piñeiro, Bermaño e Monteagudo