Pedimos transparencia e participación veciñal na modificación das normas urbanísticas

David Carro é o portvoz do BNG de Bergondo

“Hai un proceso de participación aberto para escoitar á veciñanza na elaboración do PXOM e o que non entendemos é porque de paso que van ás diferentes parroquias a falar, ademais, de urbanismo, non lle explican ás veciñas e veciños as modificacións que propoñen nas Normas en vigor”

Pedimos transparencia e participación veciñal na modificación das normas urbanísticas

Bergondo, 10 de novembro de 2016.O BNG pediu hoxe ao goberno local transparencia e participación na modificación das normas subsidiarias que desde o ano 1993 rexen a ordenación urbanística da localidade.“Non entendemos porqué é tan urxente modificar as Normas Subsidiarias cando se está elaborando o PXOM, pensamos que o lóxico sería que estes cambios serecollesen no novo Plan Xeral”, explicou o portavoz do BNG de Bergondo, David Carro. 

“Hai un proceso de participación aberto para escoitar á veciñanza na elaboración do PXOM e o que non entendemos é porque de paso que van ás diferentes parroquias a falar, ademais, de urbanismo, non lle explican ás veciñas e veciños as modificacións que propoñen nas Normas en vigor”, engadiu o portavoz nacionalista. 

“A documentación sobre estes cambios nas Normas que propón o goberno non está publicado na web nin temos información directa de en qué consisten e cal é o motivo da urxencia para non agardar á aprobación do Plan Xeral”, indicou Carro,“quen insistiu en pedirlle ao goberno local do PSOE e aos grupos que o apoian que dean publicidade e transparencia a súa proposta e que faciliten a participación da veciñanza”. 

“Pensamos que non ten ningún sentido modificar agora unha normativa urbanística do ano 93 cando se leva 3 anos traballando no novo PXOM, entendemos que o lóxico sería incluír os cambios no Plan Xeral e non sabemos a quen beneficia esta modificación nin porqué se fai neste momento”, concluíu.

Pedimos transparencia e participación veciñal na modificación das normas urbanísticas