O BNG pediu no Congreso que se corrixa á maior brevidade os erros na sinalización da N-VI en Cortiñán e Raxás

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, rexistrou unha pregunta para a súa resposta escrita á mesa do Congreso, trasladando as queixas e demandas da veciñanza destes núcleos do concello de Bergondo.

O deputado nacionalista Néstor Rego presentou tamén unha PNL para pedir información sobre as alegacións veciñais rexistradas para mellorar a obra da rotonda de Queirís en Coirós.

O BNG pediu no Congreso que se corrixa á maior brevidade os erros na sinalización da N-VI en Cortiñán e Raxás

Bergondo, 29 de xullo de 2020. O BNG pediu no Congreso que se corrixa á maior brevidade os erros na sinalización da N-VI en Cortiñán e Raxás. “Pedimos que se modifique a sinalización e se marque con liña descontinua as entradas e saídas ás vivendas e negocios en Cortiñán e Raxás tal e como demandan os veciños e veciñas”, explicou o portavoz do BNG en Bergondo, David Carro.

O BNG pediu tamén que se proceda a revisar o pintado en xeneral, “xa que hai zonas nas que non se permite aparcar nun lado da estrada pero si no outro, cando as características da vía son as mesmas”, engadiu

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, rexistrou unha pregunta para a súa resposta escrita á mesa do Congreso, trasladando as queixas e demandas da veciñanza destes núcleos do concello de Bergondo. O deputado nacionalista pediu tamén que se revise o pintado e sinalización xeral da estrada N VI nestes puntos que son considerados puntos negros pola súa alta concentración de accidentes, e que levan anos agardando por unha obra de remodelación que solucione esta problemática.

O BNG pediu información tamén sobre o proxecto para unha rotonda en Queirís (Coirós)

O deputado nacionalista Néstor Rego presentou tamén unha PNL para pedir información sobre as alegacións veciñais rexistradas para mellorar a obra da rotonda de Queirís e que aínda non tiveron resposta e para pedir que se teñan en conta estas demandas dos veciños e veciñas da zona. O acordo presentado polo nacionalista recolle melloras da seguridade viaria e da mobilidade peonil nas citadas estradas con medidas como a renovación do pavimento e da sinalización horizontal no tramo que vai desde o cruzamento de Queirís ata o cruzamento da Espenuca, a instalación de medidas disuasorias para garantir o cumprimento do límite de velocidade nas zonas marcadas a 50km/ h. ou a dotación dunha beiravía máis anchas tanto no tramo anterior como posterior á intersección entre outras 

O BNG pediu no Congreso que se corrixa á maior brevidade os erros na sinalización da N-VI en Cortiñán e Raxás