O BNG denuncia o impacto que as obras da depuradora estan tendo na Praia de Gandarío

Outra foto de onde antes estaban as rocas

 O BNG denunciou que as obras de construción da depuradora de Gandarío veñen de supoñer a destrución das rochas da parte dereita do areal. “Debe ser para o emisario, pero seguimos descoñecendo o seu informe de impacto ambiental”

O BNG denuncia o impacto que as obras da depuradora estan tendo na Praia de Gandarío

Bergondo, 29 de setembro de 2014. O BNG denunciou que as obras de construción da depuradora de Gandarío veñen de supoñer a destrución das rochas da parte dereita do areal. “Debe ser para o emisario, pero seguimos descoñecendo o seu informe de impacto ambiental”, indicou David Carro, do BNG bergondés, “mais xa vemos que o impacto que está tendo sobre a praia é tremendo”.

“Non sabemos a que responde esta actuación volando unhas rochas necesarias para a produción marisqueira do banco de Gandarío”, engadiu o nacionalista. “E non o sabemos porque, contra o que prometeron, nin o goberno do PSOE nin a Xunta do PP explicaron o proxecto nin a nos nin aos veciños e veciñas”, advirte. “Obviamente agora entendemos por que non se atreveron a explicar o que ían facer á veciñanza”, engadiu.

“Parécenos unha barbaridade que a Administración dea o visto bo a unhas obras co impacto que están tendo estes traballos, como toda a veciñanza pode comprobar”, engadiu Carro.

“Estamos valorando denunciar o tema diante do Seprona para ver se eles lles amosan a documentación que nos negan a nós e a veciñanza”.

“Estamos valorando denunciar o tema diante do Seprona para ver se eles lles amosan a documentación que nos negan a nós e a veciñanza”, adiantou o nacionalista.

O BNG denuncia o impacto que as obras da depuradora estan tendo na Praia de Gandarío