O BNG cuestiona que Coirós pida un crédito para obras que podia facer con fondos propios

Pura Ferreño é a portavoz do BNG en Coirós

O BNG fixo pública a súa postura contraria a que o Concello solicite o PAI (Plan de aforro e investimento da Deputación), que realmente é un crédito, para facer electoralismo.

O BNG cuestiona que Coirós pida un crédito para obras que podia facer con fondos propios

Coirós, 13 de febreiro de 2015. O BNG fixo pública a súa postura contraria a que o Concello solicite o PAI (Plan de aforro e investimento da Deputación), que realmente é un crédito, para facer electoralismo.

“Non entramos a valorar as obras ás que van dedicar este crédito, que estamos seguros que para a veciñanza son moi necesarias. Non compartimos que se decidira en que investilo sen pedir propostas a ninguén nin contar coa opinión dos veciños e veciñas, pero seguro que estas obras, igual que outras moitas son necesarias”, indicou a voceira nacionalista, Pura Ferreño, “a transparencia e a participación veciñal no noso concello deixa bastante que desexar”.

Desde o BNG explicaron que o PAI é un crédito da Deputación aos concellos a interese cero e cunha carencia de 2 anos. “Empezaríase a devolver no 2017, en resume é un crédito para facer obras en ano electoral”, criticou a portavoz nacionalista. “Parécenos incomprensíbel que se neguen a pedir o Plan Complementario ao POS en novembro do ano pasado, porque o concello tiña que pagar unha parte e neste caso que o ten que pagar todo porque só é un préstamo decida pedilo enteiro. Se non podía asumir unha parte no complementario non sabemos como pensa asumir este”, engadiu.

“Parécenos incomprensíbel que se neguen a pedir o Plan Complementario ao POS en novembro do ano pasado, porque o concello tiña que pagar unha parte e neste caso que o ten que pagar todo porque só é un préstamo decida pedilo enteiro. Se non podía asumir unha parte no complementario non sabemos como pensa asumir este”

“O máis surrealista aínda é que un concello cun remanente positivo o ano pasado de máis de 900 mil euros e un superavit, é dicir aforros, de 73.913,80 na liquidación do orzamento do ano pasado, pida un crédito”, informou Ferreño. “Non entendemos que necesidade ten o concello de Coirós de recorrer ao endebedamento e hipotecar durante 8 anos ao concello, sen necesidade”.

“En todo caso se son obras indispensábeis e urxentes, que o dubidamos porque no complementario en novembro non o eran, habería que pedir 59.010 euros e a diferencia gastalo do que o noso concello ten de superavit”, abundou a voceira do BNG. “En resume é pedir un crédito de 132.924,43 euros para facer electoralismo, porque faltan 3 meses para as municipais cando podían ter solucionado estas necesidades con cartos propios do concello ou con outros plans da Deputación pero como non era antes das eleccións preferiron deixar que a veciñanza seguira sen ter estes servizos”.

“Os proxectos contratáronllos a dedo a un enxeñeiro de cabeceira que asinou nos últimos anos a inmensa maioría dos proxectos de obras executados polo noso concello”

Proxectos por contrato menor

“Os proxectos presentados para pedir este crédito están todos asinados pola mesma persoa que é un enxeñeiro de cabeceira que asinou nos últimos anos a inmensa maioría dos proxectos de obras executados polo noso concello”, criticou Pura Ferreño, “supoñemos que se lle conceden mediante contratos menores supoñemos e, polo tanto, ‘a dedo’ pero nunca se informa ao Pleno nin á veciñanza de que se encargan nin do seu custo”, concluíu.

O BNG cuestiona que Coirós pida un crédito para obras que podia facer con fondos propios