O BNG critica que o goberno local peche as aulas de informática e use como escusa a pandemia

Carlos Díaz é o portavoz do BNG de Aranga

As aulas informáticas municipais, ademais dun lugar onde se aprende e onde se garante o acceso á cultura e ao emprego, era tamén un lugar para a socialización, para o encontro veciñal.

O BNG critica que o goberno local peche as aulas de informática e use como escusa a pandemia

Aranga, 28 de outtubro de 2020. "Temos reclamado xa hai meses, de maneira pública, un esforzo por parte do goberno local de Aranga, para mellorar en cantidade e calidade o servizo ofrecido nas aulas de Informática do concello. Máxime cando houbo un importante investimento nesas aulas por parte da Deputación da Coruña, de mans precisamente do grupo provincial do BNG", indicou o o portavoz do BNG de Aranga, Carlos Díaz. 

"Sexa como for, no BNG queremos que a poboación, no rural e no urbano conte con máis e mellores servizos. Por tanto, non podemos deixar de lamentar a presente situación, porque afecta non só ao traballador que perde o seu emprego, senón tamén e sobre todo ao conxunto do público usuario do servizo informático do concello, que perde un servizo máis por decisión do goberno local, en mans do PP", engadiu

Por último, queremos valorar que a decisión, como sempre, foi tomada sen informar dos motivos á veciñanza. O mínimo é esixir transparencia na xestión dos asuntos cotiás do concello e logo a seguir, o seguinte debera ser ofrecer alternativas a ese novo servizo que perdemos. Porque o goberno renunciou tamén a ter unha biblioteca en Aranga, e agora parece resignarse a quen non teñamos garantido un servizo informático.

Finalmente, queremos destacar que a pandemia non pode ser a coartada para o recorte ou supresión de servizos no rural. As aulas informáticas municipais, ademais dun lugar onde se aprende e onde se garante o acceso á cultura e ao emprego, era tamén un lugar para a socialización, para o encontro veciñal.

O BNG critica que o goberno local peche as aulas de informática e use como escusa a pandemia