O BNG critica os comportamentos andemocráticos máis unha vez do alcalde de Oza e Cesuras

O BNG critica os comportamentos andemocráticos máis unha vez do alcalde de Oza e Cesuras

Estefanía Busto, concelleira do BNG de Oza dos Ríos

Oza dos Ríos, 15 de maio de 2014. O BNG critica que o goberno local do PP convoque un Pleno extraordinario urxente para aprobar os proxectos do DTC da Deputación. “Aprobar os proxectos do DTC non é algo urxente, o goberno local do PP está facendo un uso fraudulento da lei para impedirnos coñecer os proxecto”, indicou a voceira do BNG, Estefanía Busto.

Segundo explican os nacionalistas, o Pleno extraordinario e urxente está previsto na lexislación para “cando a urxencia do asunto a tratar non permite convocar a sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles” (artº 79 ROF). Neste sentido, indican que a aprobación das obras dun plan provincial non é un imprevisto urxente e inaplazábel.

“Se o goberno local ten que usar un Pleno extraordinario e urxente tan só se debe a que foi incapaz de facer os deberes a tempo, pois todos os concellos da provincia sabían que tiñan que achegar os proxectos antes do día 16 deste mes”, explica Busto. “O alcalde e o seu goberno compórtanse como un mal estudante que se pon a estudar a tan só unhas horas do exame e pide ao profesor que adíe a proba”, engadiu.

Os nacionalistas cuestionan esta “estrataxema coa que o PP só pretende escondernos os proxectos”. “O goberno enviounos o día 14 ás 3 da tarde a convocatoria”, explica, engadindo que “a esta hora pecha o Concello e non podemos consultar os proxectos”. “Ademais dáse a casualidade de que o 15 é festivo local en Oza, polo que imos ir ao Pleno sen ver os proxectos”, denunciou.

“Aprobar os proxectos do DTC non é algo urxente, o goberno local do PP está facendo un uso fraudulento da lei para impedirnos coñecer os proxecto”

“Con esta manobra o PP está impedíndonos coñecer con detalle os asuntos que pretende que votemos baixo a súa responsabilidade”, explica a voceira do BNG. “Non están os tempos como para acreditar na palabra dos representantes do PP nin para darlles un cheque en branco votando as cousas que propoñen sen sequera ler a documentación”, engadiu.

Estefanía Busto engadiu que “non é nin moito menos a primeira vez que o goberno do PP de Oza intenta impedir, como é habitual, que representantes da veciñanza con este tipo de comportamentos antidemocráticos poidamos facer a nosa función”. “O alcalde e o resto do PP cren que o Concello é o seu couto privado de caza e compórtanse como auténticos señores feudais”, engadiu.

O BNG critica os comportamentos andemocráticos máis unha vez do alcalde de Oza e Cesuras