O BNG de Bergondo presentou as súas propostas para o orzamento municipal 2021

David Carro é o portavoz do BNG de Bergondo

Reeditar as axudas a pemes e autónomos, unha partida para adquirir terreos para novas infraestruturas ou a ampliación das existentes -o CPI Cruz do Sar, a construción dunha nova escola infantil ou un centro de día - e aumentar as partidas de emerxencia social para facer fronte a crise económica derivada da covid son algunhas das nosas propostas

O BNG de Bergondo presentou as súas propostas para o orzamento municipal 2021

Bergondo, a 18 de decembro de 2020. O BNG de Bergondo presentou as súas propostas para o orzamento municipal 2021.  "Presentamos nove propostas para que sexan tidas en conta polo Goberno Local. Reeditar as axudas a pemes e autónomos, unha partida para adquirir terreos para novas infraestruturas ou a ampliación das existentes -o CPI Cruz do Sar, a construción dunha nova escola infantil ou un centro de día - e aumentar as partidas de emerxencia social para facer fronte a crise económica derivada da covid son algunhas das nosas propostas'' indicou o voceiro do BNG David Carro. 

“Tamén solicitamos a realización dun plan de igualdade e que se incremente o investimento en fomento do emprego, máis necesario aínda se cabe na situación que estamos a vivir”,  explicou o concelleiro nacionalista. 

Dende o BNG tamén instaron a inclusión dunha serie de obras como o pintado do local social de Guísamo, a reparación dos vestiarios da polideportiva de Lubre, un plan de acondicionamento dos parques infantís ou unha partida para evitar as inundacións no polígono industrial. 

O BNG de Bergondo presentou as súas propostas para o orzamento municipal 2021