O BNG propón melloras para o transporte escolar

Pura Ferreño é a portavoz do BNG en Coirós

O BNG-Asembleas abertas rexistrou unha iniciativa pedindo información despois de recibir varias queixas sobre o funcionamento do servizo de transporte escolar.

O BNG propón melloras para o transporte escolar

Coirós, 13 de agosto de 2015. O BNG-Asembleas abertas rexistrou unha iniciativa pedindo información despois de recibir varias queixas sobre o funcionamento do servizo de transporte escolar.

“O servizo de transporte escolar no noso Concello ás dúas escolas unitarias, EEI de Coirós de arriba e EEI o Fontelo, estase facendo a través dun único taxi. Isto supón que o alumnado destes centros nalgúns casos ten que sair moito antes da hora de comezo das aulas e agardar no centro para que o taxi poida trasladar a todos os nenos e nenas”, explicou a voceira do BNG, Pura Ferreño. “En Coirós hai máis taxis e constanos que cando menos un deles se interesou por prestar parte deste servizo tanto no Concello como na Xefatura territorial de educación”, engadiu.

“O alumnado das unitarias ten que sair moito antes da hora de comezo das aulas, xa que o servizo o presta un só taxi”

Segundo o DECRETO 65/2014, do 28 de maio, polo que se modifica o Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servizos de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, a competencia sobre o transporte escolar e competencia exclusiva da Xunta de Galiza. Sen embargo, como resposta á petición dun dos taxistas a emprestar este servizo a Xefatura territorial de educación afirmou que a selección dos transportistas a fai o Concello de Coirós”, informou a voceira nacionalista.

A portavoz do BNG-Asembleas abertas demandou información do número de crianzas usuarias do transporte escolar hai no Concello de Coirós nas escolas unitarias de Coirós de arriba e o Fontelo e sobre os horarios en que recollen ao alumnado nas diferentes paradas e a que hora comezan as aulas.

“Quen adxudica o contrato do servizo de transporte? Cales son as bases e condicións destes contratos? Onde se presentan as solicitudes para este contrato e en qué prazo? Que papel ten o Concello de Coirós nestes contratos?”, interpelou Pura Ferreño, quen explicou que esperan que o Concello pense no benestar dos nenos e nenas e, polo tanto, faga o posíbel por mellorar a calidade do servizo.

O BNG propón melloras para o transporte escolar