O BNG asegura que os traballos na Pedralba non son a cuberta que di a alcaldesa

O BNG asegura que os traballos na Pedralba non son a cuberta que di a alcaldesa

“O PP, que está moi caladiño, ten que explicar tamén por que financia con cartos públicos a esta entidade para facer unhas obras ilegais. Non queremos crer que se deba a que a súa candidata en Bergondo, Tita Sanjurjo, era tesoureira deste clube até 2009”.

Bergondo, 17 de abril de 2013. O BNG denunciou que as obras que se desenvolven actualmente no Clube de tennis A Pedralba, contra o que afirmaba onte o goberno municipal de Bergondo, non é colocación de ningunha cuberta. “Calquera pode ver se pasa por alí que o que se está facendo é unha nova pista”, explicaron desde o BNG.

“A alcaldesa ou non sabe o que pasa no seu Concello ou non o quere ver”, critaron os nacionalistas. “Estaría ben, cando menos, que rectifique as súas palabras de onte dado que é evidente que era mentira”. O BNG exixe ao goberno local de PSOE e VB que aclaren de inmediato cales son os intereses que defenden neste tema “se están cos intereses da veciñanza ou se antepoñen intereses particulares”.

“Reclamamos do goberno local que paralice de inmediato estes traballos á vista de que non se corresponden co ‘permiso’ que teñen concedido”, insistiron. “O que era solo rústico hai dous anos segue sendo rústico e a área de protección da ría segue a selo porque o PSOE foi incapaz de aprobar o Plan Xeral” explicaron, polo que aseguran que “se unha obra non cumpre a legalidade hai que paralizala e non poñer excusas para consentir que continúe”.

“O PP, que está moi caladiño, ten que explicar tamén por que financia con cartos públicos a esta entidade para facer unhas obras ilegais”, insistiron. “Non queremos crer que se deba a que a súa candidata en Bergondo, Tita Sanjurjo, era tesoureira deste clube até 2009” advirten, lembrando que a propia Sanjurjo gabábase na prensa de “terse ocupado da expansión desta entidade”.

O BNG asegura que os traballos na Pedralba non son a cuberta que di a alcaldesa