Por qué votamos en contra da Conta Xeral de Oza-Cesuras?

Estefanía Busto é a portavoz do BNG de Oza-Cesuras

O BNG votou en contra da conta xeral de Oza e Cesuras no pleno extraordinario celebrado esta mañá, as nacionalistas criticaron que a conta dea un saldo negativo mentres que o goberno local do PP segue incrementando os gastos superfluos.

Por qué votamos en contra da Conta Xeral de Oza-Cesuras?

Oza dos Ríos, 13 de outubro de 2016. O BNG votou en contra da conta xeral de Oza e Cesuras no pleno extraordinario celebrado esta mañá, as nacionalistas criticaron que a conta dea un saldo negativo mentres que o goberno local do PP segue incrementando os gastos superfluos.

“Outro ano máis prodúcese un incremento de gasto nos órganos de goberno, en salarios do alcalde e da concelleira liberada a media xornada, no orzamento contemplaban 52.080 euros, mais en realidade gastaron 59.359 euros”, explicou a concelleira do BNG, Estefanía Busto, “o mesmo sucede coas atencións protocolarias, onde prevían gastar 6.000 euros cando en realidade gastaron 11.881 euros, case o dobre, e tamén gastaron máis do previsto en dietas e locomoción. En total manter os órganos de goberno do concello custounos 16.600,15 máis do que prevían no orzamento de 2015, que xa eran 99.000 euros.”

“Tamén gastan case o dobre do previsto en publicidade e propaganda, dos 7 mil euros que aparecían no orzamento o gasto nesta partida dispárase até os 11.152,47” informou Busto.

Cando presentamos a nosa proposta demandando eses arranxos o goberno do PP votou en contra, e agora reclama da Xunta un novo ʽpremioʼ pola fusión para reparar as graves deficiencias do ambulatorio, a xestión do alcalde sigue consistindo e vivir das rendas da fusión.

Desde o BNG criticaron tamén que se consignaran 4 mil euros no orzamento do 2015 para arranxar o centro de saúde, “despois das queixas das persoas usuarias e do persoal do centro, das que o BNG se fixo eco, nin sequera se investiron estes cartos” criticou a voceira nacionalista, “só gastaron no centro de saúde 695 euros, cando o edificio precisa dunha reparación importante”, explicou Busto, “cando presentamos a nosa proposta demandando eses arranxos o goberno do PP votou en contra, e agora reclama da Xunta un novo ʽpremioʼ pola fusión para reparar as graves deficiencias do ambulatorio, a xestión do alcalde sigue consistindo e vivir das rendas da fusión”, criticou a voceira nacionalista.

“Parte deste saldo negativo do orzamento débese a unha previsión de ingresos totalmente irreais, o concello ingresou case 1.600.000 euros menos do que prevía ingresar no orzamento, en grande parte como consecuencia dunha previsión de transferencias do Estado ou da Deputación, mais tamén porque hai taxas que o Concello ten aprobadas e polas que non ingresou un só euro, como a de uso das instalacións deportivas”, informou Estefanía Busto.

“O incremento de gasto superfluo e no soldo do alcalde mentres se escatima en servizos básicos como o centro de saúde ou a recollida do lixo e as ʽcontas da leiteiraʼ seguen sendo a liña da política do PP no noso concello” concluíu Busto.

Por qué votamos en contra da Conta Xeral de Oza-Cesuras?