Imprimir

Apoiamos as reivindicacións de maior seguridade viaria San Paio

bngasmarinhas | 17 de febreiro de 2020

Imaxe da concentración do pasado sábado
Imaxe da concentración do pasado sábado

O portavoz nacionalista David Carro acompañado de outros membros do BNG local participou esta maña na primeira das tres concentracións convocadas pola veciñanza

Bergondo, 15 de febreiro de 2020. O BNG de Bergondo expresou o seu apoio as concentracións convocadas pola veciñanza de San Paio, en Guísamo, en demanda de maior seguridade viaria na zona, pola que levan anos agardando. 

O portavoz nacionalista David Carro acompañado de outros membros do BNG local participou esta maña na primeira das tres concentracións convocadas pola veciñanza. 

“A veciñanza de San Paio leva moito tempo agardando por estas obras, nos sempre os apoiamos para conseguilo, dentro das nosas posibilidades, e aí seguiremos ata acadar unha solución a esta problemática” indicou o concelleiro nacionalista, “o BNG esta do lado da veciñanza e do interese xeral, e seguiremos demandando como vimos facendo unha solución á seguridade viaria nunha estrada tan utilizada como esta que une a N-VI en Guísamo coa N-550 en Guiliade” concluíu Carro. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/bergondo/apoiamos-reivindicacions-maior-seguridade-viaria-san-paio/20200217124801002379.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego das Mariñas

Bloque Nacionalista Galego 

Travesía da Torre, 2, 1º

(15300) Betanzos

Correo electrónico: marinhas@bng.gal

Teléfono : 981776466