Un tren de cercanías que comunique a comarca

Un tren de cercanías que comunique a comarca

O modelo de transporte por estrada con coche particular que se fomentou no noso país non é sostíbel xa que leva consigo unha destrución do medio ademais de facer as cidades inhabitábeis. Reclamamos que a Xunta e ogoberno central negocien a transferencia das competencias en materia ferroviaria a Galiza, con financiamento e medios apropiados para crear unha Compañía Ferroviaria Pública Galega.