Pedimos ao goberno local que realice un adecuado mantemento dos parques infantís municipais de Paderne

“O noso concello investiu cartos públicos na instalación destes parques infantís e pensamos que se non se lles fai o mantemento adecuado e se permite o seu deterioro son cartos tirados”

Pedimos ao goberno local que realice un adecuado mantemento dos parques infantís municipais de Paderne

Paderne, 7 de maio de 2018. O BNG presentou unha moción para pedir ao goberno local que realice un adecuado mantemento dos parques infantís municipais.“Os parques infantís municipais encóntranse nun mal estado de mantemento o que pode mesmo resultar perigoso para os nenos e nenas que fagan uso deles”, explicou o portavoz do BNG de Paderne Manel Pérez.

“O noso concello investiu cartos públicos na instalación destes parques infantís e pensamos que se non se lles fai o mantemento adecuado e se permite o seu deterioro son cartos tirados”, engadiu o nacionalista, “Algúns destes parques teñen bastante uso como o que está preto do Concello ou os das escolas unitarias”, indicou o voceiro do BNG.

Os campos de fútbol tamén están totalmente descoidados, coa herba sen cortar e sen mantemento igual que o resto de instalacións municipais. “Os tobogáns móvense están rotos ,tanto a subida como a baixada no parque que está a carón do Concello, e o campo de fútbol parece un prado coa herba sen cortar”, engadiu o portavoz nacionalista.