Pedimos que substitúan as marquesinas en Paderne que están nun estado lamentábel

manel
manel

No mes de abril do pasado ano a Deputación aprobou unha subvención ao concello de Paderne para adquisición de 11 marquesinas por un valor de 35.626,22 € cunha achega da Deputación de 28.500,98 €. 10 meses despois aínda non as substituiron.

Pedimos que substitúan as marquesinas en Paderne que están nun estado lamentábel

Paderne, 20 de febreiro de 2017. O BNG pediu ao goberno local que substituíse as marquesinas que están en mal estado por outras novas ou que as instale nos casos onde xa non hai marquesina. “Téñennos chegado queixas de veciños e veciñas de Insua polo Estado en que se encontra a marquesina despois de que resultara danada hai varios anos por un accidente de coche”, explicou o portavoz do BNG en Paderne Manel Pérez, “pensamos que o goberno tivo tempo abondo para intentar amañar ou substituír as marquesinas que se encontran nun estado lamentábel en xeral no concello”.

No mes de abril do pasado ano a Deputación aprobou unha subvención ao concello de Paderne para adquisición de marquesinas por un valor de 35.626,22 € cunha achega da Deputación de 28.500,98 €. “Tratábase da adquisición de 11 marquesinas para o Concello de Paderne. Entre outros puntos situaríanse nas paradas do transporte escolar. As marquesinas serán de madeira tratada e estrutura metálica, con banco e tellado revestido de pizarra, segundo a información do convenio”, explicou o portavoz do BNG, Manel Pérez. “Hai 10 meses dende a aprobación dese convenio e aínda non vimos que se substituísen as marquesinas que están nun estado lamentábel”, concluíu o portavoz nacionalista.