Cuestionamos que a metade do orzamento de Paderne se destine a privatizar servizos

Manel Pérez é o concelleiro do BNG en Paderne
Manel Pérez é o concelleiro do BNG en Paderne

 O BNG cuestionou que practicamente a metade do orzamento de Paderne se destine a privatizar servizos. “Dun orzamento de 1,4 millóns de euros, practicamente 700 000 van a servizos privatizados”

Cuestionamos que a metade do orzamento de Paderne se destine a privatizar servizos

Paderne, 11 de xaneiro de 2017. O BNG cuestionou que practicamente a metade do orzamento de Paderne se destine a privatizar servizos. “Dun orzamento de 1,4 millóns de euros, practicamente 700 000 van a servizos privatizados”, detalla o portavoz municipal do BNG, Manel Pérez. “Desde o mantemento dos camiños á recollida do lixo, e desde a limpeza até a axuda no fogar, o PSOE ten privatizado practicamente todo o Concello”, engade.

O voceiro nacionalista cuestionou tamén que dos 6000 euros previstos para subvencións a entidades, o 75% se reparten a dedo para dúas entidades mentres que para unha convocatoria pública quedan só 1500 euros a repartir entre todas as asociacións veciñais, culturais e deportivas de Paderne. “Dando os cartos de todas e todos así, a dedo, evítase que poida haber entidades críticas co goberno do PSOE, búscase controlar a sociedade e facer mercadeo de votos con cartos públicos”, engade Manel Pérez.

O voceiro nacionalista cuestionou tamén que dos 6000 euros previstos para subvencións a entidades, o 75% se reparten a dedo para dúas entidades mentres que para unha convocatoria pública quedan só 1500 euros a repartir entre todas as asociacións veciñais, culturais e deportivas de Paderne

O edil nacionalista chama a atención, ademais, sobre o desequilibrio que presentan os orzamentos, con máis ingresos que gastos. “Será que Paderne ten todos os servizos que se poden imaxinar e que non se precisa facer ningún investimento”, ironiza. Manel Pérez explica que, con medio municipio sen sanear e sen traída de auga potábel en todos os núcleos, o investimento no servizo de subministro de auga “alcanza a cifra apabullante de 5000 euros”. “Dá, como moito, para cambiar unhas tuberías e non hai un só euros de investimento e saneamento nin depuración de augas”, apunta.