Demandamos a conservación do local social de Filgueira de Barranca

WhatsApp Image 2019-12-17 at 2.01.12 PM (1)

Estefanía Busto: “o goberno local comprometeuse antes das eleccións municipais de maio a arranxar estas deficiencias e sete meses despois seguen agardando”

Demandamos a conservación do local social de Filgueira de Barranca

Oza dos Ríos, 17 de decembro 2019. O BNG de Oza dos Ríos e Cesuras presentou unha moción solicitando que o goberno local garanta a conservación do local social de Filgueira de Barranca. “O local ocupa a antiga escola e presenta deficiencias na súa conservación debidas á humidade e que afectan á parece posterior e ao muro exterior que separa o recinto do local da finca traseira, que está a unha altura superior” explica a voceira do BNG, Estefanía Busto.

Os problemas de humidade dificultan o desenvolvemento normal das actividade dentro do edificio e poden supoñer un risco par as persoas”, expuxo Busto. “Especialmente grave é a situación do muro exterior, realizado hai anos pola propia asociación, e co paso do tempo e o efecto da chuvia veu agravado o seu estado e actualmente presenta un risco elevado de derrube, co consecuente perigo para o local e para as persoas”, aseguran as nacionalistas .

Foi a veciñanza quen nos trasladou o seu malestar ante esta situación, xa que o goberno local do PP comprometeuse antes das eleccións municipais de maio a arranxar estas deficiencias e sete meses despois seguen agardando” explican desde o BNG- “Temos un goberno local que se sostén a base de promesas que despois non cumpre”, lamentou Estefanía Busto.

Demandamos a conservación do local social de Filgueira de Barranca