Criticamos o modelo urbanístico do PP que consiste en que cada quen estableza a ordenación que considere para as súas fincas

A nacionalista cualificou de irresponsabilidade esta ocorrencia do goberno local do PP que “en lugar de establecer uns criterios lóxicos sobre as necesidades reais de vivenda, servizos públicos e cara a onde debe medrar. O concello está centrado en vender favores e atender a intereses particulares máis que colectivos para facer clientelismo”

Criticamos o modelo urbanístico do PP que consiste en que cada quen estableza a ordenación que considere para as súas fincas

Oza dos Ríos, 1 de abril de 2019. O BNG criticou o modelo urbanístico do PP, que entende por participación no deseño do PXOM, que cada quen estableza a ordenación que considere para as súas fincas. “Pensamos que hai que establecer unhas normas urbanísticas que deseñen un modelo de concello sustentábel e ordenado e non utilizar como criterio que cada quen propoña que ordenación quere para as súas fincas”, criticou a portavoz nacionalista, Estefanía Busto. O BNG defendeu que se deseñe un PXOM sustentábel e centrado na realidade dun concello rural como Oza-Cesuras e que teña en conta as súas necesidades de solo dotacional para asentar futuros servizos públicos.

A nacionalista cualificou de irresponsabilidade esta ocorrencia do goberno local do PP que “en lugar de establecer uns criterios lóxicos sobre as necesidades reais de vivenda, servizos públicos e cara a onde debe medrar. O concello está centrado en vender favores e atender a intereses particulares máis que colectivos para facer clientelismo”, engadiu Busto.

O BNG pediu ao alcalde que non faga electoralismo con algo tan sensible como o PXOM e o futuro de Oza e Cesuras. “Nos comprometémonos a facilitar unha participación real da veciñanza sobre o modelo de concello”, engadiu Busto, e recordou os retrasos na redacción do novo PXOM que debía unificar o planeamento dos dous concellos e que 6 anos despois da famosa fusión seguen mantendo planeamentos diferentes. “O Plan Xeral é o deseño do futuro do concello non son as cartas aos reis dos promotores inmobiliarios”, concluíu.