O BNG de Oza exixe que González Cacheiro dimita pola tala do sanatorio de Cesuras

A portavoz do BNG en Oza dos Ríos volveu insistir na necesidade de que o presidente da xestora de Oza-Cesuras asuma a súa responsabilidade na tala do parque do Sanatorio de Cesuras, “vimos de saber pola prensa que o orzamento do proxecto de recuperación do parque do Sanatorio aumentou en case 20 000 euros

O BNG de Oza exixe que González Cacheiro dimita pola tala do sanatorio de Cesuras

Oza dos Ríos, 23 de setembro de 2014. A portavoz do BNG en Oza dos Ríos volveu insistir na necesidade de que o presidente da xestora de Oza-Cesuras asuma a súa responsabilidade na tala do parque do Sanatorio de Cesuras, “vimos de saber pola prensa que o orzamento do proxecto de recuperación do parque do Sanatorio aumentou en case 20 000 euros”, indicou Busto. “Estes datos mostran o que viñamos denunciando naquel momento, así como as mentiras de González Cacheiro”.

“Desde o BNG xa cuestionamos que se adxudicara o contrato para o aproveitamento da madeira á empresa familiar dun concelleiro do PP”, informou a voceira nacionalista. “Todo o proceso que rodea este tema do sanatorio segue envolto de escurantismo.  O o actual presidente do novo concello fusionado primeiro desenténdese do tema, alegando que é un contrato do anterior concello de Cesuras e agora enterámonos da conclusión dos informes a través dos medios de comunicación”.

“Cando no seu momento preguntamos no pleno por este asunto o alcalde teimaba en culpar a Julián Lucas, exalcalde de Cesuras e compañeiro do PP, exiximos unha explicación e que faga públicos os informes”

“Van máis de 200 000 euros gastados na presunta recuperación do sanatorio, que en realidade consistiu nunha tala para beneficio dun amigo e en colocar 6 bancos. Non nos queremos imaxinar a canto inflarán as partidas se algúnha vez se deciden a rehabilitar o edificio”, ironizou Busto, “parece que algúns seguen entendendo o concello como un negocio persoal, como unha maneira de enriquecerse con cartos de todos”.

O BNG de Oza exixe que González Cacheiro dimita pola tala do sanatorio de Cesuras