O BNG denuncia que o recibo da auga non está chegando á veciñanza desde hai meses

O BNG denunciou que o goberno local de Oza dos Ríos e Cesuras está a ocultarlle información á súa veciñanza. Os nacionalistas denunciaron no pleno que "veciñas e veciños de Cesuras manifestáronnos que non están recibindo os recibos da auga". A voceira do BNG, Estefanía Busto, denunciou ademais “que no caso de Cesuras o recibo da auga se viu incrementado tras a fusión, e desde entón non lles están chegando nin cobrando os recibos".

O BNG denuncia que o recibo da auga non está chegando á veciñanza desde hai meses

Cesuras, 11 de novembro de 2014. O BNG denunciou que o goberno local de Oza dos Ríos e Cesuras está a ocultarlle información á súa veciñanza. Os nacionalistas denunciaron no pleno que "veciñas e veciños de Cesuras manifestáronnos que non están recibindo os recibos da auga". A voceira do BNG, Estefanía Busto, denunciou ademais “que no caso de Cesuras o recibo da auga se viu incrementado tras a fusión, e desde entón non lles están chegando nin cobrando os recibos".

Esta situación viríase dando desde hai tempo xa que “segundo os propios veciños xa van tres recibos que non lles cobraron". A dicir do BNG, cando a veciñanza pregunta por esta situación anormal o alcalde escúsase coa carga de traballo do Concello para non dar máis explicacións. “A nós preocupábanos que o goberno local do PP nos estivese ocultando a documentación para poder facer ben o noso traballo de oposición, pero é que que o alcalde esconda á xente os papeis dos impostos que lles terían que cobrar é moito máis alarmante e irregular”, explica a concelleira nacionalista.

“Cando a veciñanza pregunta por esta situación anormal o alcalde escúsase coa carga de traballo do Concello para non dar máis explicacións”

“O problema de que non estean chegando agora estes recibos vai vir cando o goberno local se vexa apurado de cartos e decida cobrar de golpe estas taxas”, indicou Estefanía Busto. “E nesa altura pretenderán cobralo todo xunto e cos xuros de demora por un problema que é única e exclusivamente responsabilidade do goberno local”, engade. “É normal que non cobren o recibo que non pasan, pero non é normal que non pasen o recibo que están obrigados a pasar” explica. “E ademais incumprir a ordenanza das taxas a mantenta e a conciencia é unha prevaricación de libro na que está a incorrer o goberno do PP”, indica.

Neste sentido, desde o BNG reproban que o alcalde se escuse “de novo coa carga de traballo administrativo do concello”. “Esta é a súa gran xestión" afirmou Busto Dopazo.

Unha “reorganización” para reforzar a sede de Oza dos Ríos

Os nacionalistas cuestionan que no Pleno celebrado a semana pasada, o alcalde afirmou que o Concello non remite a información que a Lei lle obriga á veciñanza e grupos da oposición porque "las plantillas no están como deberían estar, estamos experimentado la situación, hai un transvase de gente hacia Oza, ha aumentado el traballo en Oza" – en palabras textuais do propio alcalde” - .

“O problema de que non estean chegando agora estes recibos vai vir cando o goberno local se vexa apurado de cartos e decida cobrar de golpe estas taxas”

Desde o BNG denuncian que o propio alcalde recoñeceu que "estamos fallando en este aspecto" e aseguran que “é indigno dun gobernante democrático botar a culpa da falla de transparencia do seu goberno ao persoal ao servizo do Concello”. “Segundo o alcalde todos os problemas de opacidade e falta de información no cobro da traída ou no sobrecusto da tala do monte do Sanatorio de Cesuras se reduce a unha sobrecarga de traballo administrativo, supoño que estas serán as vantaxes da fusión" ironizou Busto.

"A explicación parece unha tomadura de pelo, as trabas para acceder á información xa existían no antigo concello de Oza, o PP goberna o Concello como se fose a súa finca particular, impedindo por todos os medios a nosa labor como oposición" informou a vogal do BNG. “Se se impide o acceso á documentación é por algunha causa concreta, non é precisamente porque os administrativos estean desbordados” explica a voceira do BNG, “e se o están, que non o sabemos porque non temos datos oficiais de nada, igual non está de máis recordar que González Cacheiro estreouse na Alcaldía amortizando prazas de empregados municipais”, engade.

“Desde logo o que non cola é que a falta de información á veciñanza e á oposición sexa unha especie de maldición divina nin culpa dos funcionarios”, prosegue. “O responsábel é o goberno do PP, que xa tiña este proceder por habitual no antigo concello de Oza dos Ríos e o mantén no concello fusionado”, indica. “No último mes solicitei por escrito dúas veces documentación concreta e sigo esperando resposta, isto malia ter requirimento do Valedor do Pobo por negarnos a información" concluíu Busto.

O BNG denuncia que o recibo da auga non está chegando á veciñanza desde hai meses