O BNG considera probado que a fusión se baseou en vender fume

O BNG de Oza dos Ríos considera probado que a fusión de Oza e Cesuras se realizou en base a mentiras e “vender fume”, tal e como advertira. Así, cuestionaron o aforro que ía supoñer a fusión “vendéronnos un aforro de até 70 000 euros en dietas ao reducir o número de concelleiros e concelleiras, mais o propio PP recoñeceu que este aforro non supera os 25 000 euros

O BNG considera probado que a fusión se baseou en vender fume

Oza dos Ríos, 4 de xuño de 2014. O BNG de Oza dos Ríos considera probado que a fusión de Oza e Cesuras se realizou en base a mentiras e “vender fume”, tal e como advertira. Así, cuestionaron o aforro que ía supoñer a fusión “vendéronnos un aforro de até 70 000 euros en dietas ao reducir o número de concelleiros e concelleiras, mais o propio PP recoñeceu que este aforro non supera os 25 000 euros” informou Busto “o único aforro que supuxo a fusión foi en democracia, segue sen respectarse a vontade popular,  o BNG aínda non ten a representación que lle corresponde” lembrou a portavoz nacionalista en relación á demora no nomeamento do vogal do BNG que segue vacante.

Os nacionalistas tamén fixeron referencia ao salario do alcalde “o PP mentiu cando prometía aforro en dietas, estivo xogando ao baile de cifras para intentar xustificar esa subida salarial, o que está claro é que o único interese do PP nesta fusión é o propio PP, en ningún son as necesidades da veciñanza” apuntou Estefanía Busto. “Do mesmo xeito, o PP minte cando di que nos baixaron as taxas, seguen mantendo tarifas distintas para os mesmos servizos e   as taxas unificadas están feitas á medida de ENCE e CocaCola, non da veciñanza, e aínda non temos ningún compromiso destas dúas multinacionais” engadiu a concelleira do BNG.

“Vendéronnos un aforro de até 70 000 euros en dietas ao reducir o número de concelleiros e concelleiras, mais o propio PP recoñeceu que este aforro non supera os 25 000 euros”

“Se todo o positivo é recibir máis fondos do Estado para financiar os servizos obrigatorios dos Concellos, en lugar de fusionalos haberá que garantirlles financiamento suficiente”, indicou Busto. “Non nos parece lóxico que os concellos teñen que fusionarse para recibir máis fondos do estado” afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos, “o xusto sería un reparto deses fondos que atenda a criterios como a dispersión e o avellentamento da poboación”, “manter vivo o noso rural non pasa por alonxar as institucións da veciñanza nin por premios de consolación aos concellos que se fusionan” engadiu a voceira nacionalista.

Ademais, os nacionalistas aseguraron que ningunha das grandes promesas da fusión se concretaron. “Nin ENCE nin CocaCola crearon os centos de postos de traballo que o PP prometeu para vender bonita a fusión, nin enterraron a vía do tren en Oza, nin rehabilitaron o sanatorio de Cesuras e o convertiron en residencia de maiores con centro de día e a escola infantil logo de anos de voltas aínda acaban de firmar o convenio coa Xunta”, resumiu a edila do BNG. “Nin sequera amañaron a traída de Cesuras, que é un servizo que o Concello ten que prestar de xeito obrigatorio!”, lamenta.

O BNG considera probado que a fusión se baseou en vender fume