Os orzamentos do Estado supoñen a morte da liña férrea A Coruña-Ferrol

Os orzamentos do Estado supoñen a morte da liña férrea A Coruña-Ferrol

trenA Coruña, 13 de outubro de 2013.- O BNG advirte de que os orzamentos xerais do Estado supoñen a morte do camiño de ferro que une A Coruña con Ferrol. Ademais de confirmar o atraso dos estudos tanto do Eixo Atlántico como da Alta Velocidade, as contas xerais certifican o abandono do xa célebre estudo para a implantación do tren de proximidade, unha partida que se pospón ano tras ano e que para o 2014 contará tan só con 52.690 euros.

As nacionalistas lamentan a aposta do Goberno central pola conexión de Galiza con España obviando a liña ferroviaria interior. Case 900 millóns dos 1.339 millóns destinados ao noso país absórbeos a alta velocidade Olmedo-Lubián-Ourense. O BNG non cuestiona que se execute o programado para o AVE, mais pon de manifesto que a nosa comarca ten outras moitas necesidades ferroviarias que nos teñen desatendidas desde hai anos.