O BNG reclamou ao goberno local que faga públicas as análises que levaron ao peche de Gandarío

O BNG reclamou ao goberno que fixera públicos os análises da auga que levaron ao peche ao baño da marxe esquerda da praia de Gandarío e que hoxe reabriron. “Parécenos que a veciñanza ten que ter información do estado das augas da Ría, porque non é de recibo que este ano teñamos dúas praias pechadas ao baño no noso Concello pola calidade das augas, O Pedrido e o Regueiro, e outra máis por momentos como Gandarío, e ninguén informe debidamente aos veciños e veciñas

O BNG reclamou ao goberno local que faga públicas as análises que levaron ao peche de Gandarío

Bergondo, 3 de xullo de 2014. O BNG reclamou ao goberno que fixera públicos os análises da auga que levaron ao peche ao baño da marxe esquerda da praia de Gandarío e que hoxe reabriron. “Parécenos que a veciñanza ten que ter información do estado das augas da Ría, porque non é de recibo que este ano teñamos dúas praias pechadas ao baño no noso Concello pola calidade das augas, O Pedrido e o Regueiro, e outra máis por momentos como Gandarío, e ninguén informe debidamente aos veciños e veciñas”, reclamou David Carro do BNG de Bergondo.

“Queremos saber tamén quen fixo estes análises e porque non se fixeron públicos no seu momento , xa que se é certo o que di a alcaldesa hoxe nos medios en plena ola de calor o mes pasado estivémonos bañando nunha praia que tiña problemas de contaminación por fecais”, criticou Carro, “a veciñanza ten dereito a saber cal é a situación das augas da Ría”.

“Queremos saber tamén quen fixo estes análises e porque non se fixeron públicos no seu momento. O mes pasado estivémonos bañando nunha praia que tiña problemas de contaminación por fecais?”

O nacionalista insistiu en que cada vez hai maior alarma social diante da calidade das augas nas praias do Concello e a alcaldesa ten que dar información clara e buscar unha solución a esta situación. “Parécenos sorprendente que a alcaldesa pida aos veciños e veciñas que vixíen por se hai vertidos de fecais en Gandarío cando sabe perfectamente que as vivendas de Gandarío e de toda a parroquia verten directamente a Ría a través dun emisario na propia marxe esquerda da praia”, criticou Carro.

A prioridade é o saneamento

Desde o BNG reclamaron saneamento para a Ría en lugar de simples “operacións estéticas” nas praias. “Entendemos que en Sada con 10 metros de lodos nas praias ten lóxica que se busque unha solución mesmo por seguridade das persoas que van a esta praia”, indicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas, “pero o problema fundamental da Ría está no saneamento, en garantir a calidade da auga. Isto é primordial para os sectores produtivos que dependen da Ría, como o marisqueo, máis tamén para o turismo xa que unha boa calidade da auga vai atraer turistas que se a Ría se segue degradando deixarán de vir”.

“É primordial o saneamento que garanta a calidade da auga tanto para os sectores produtivos que dependen da Ría, como o marisqueo, como para o turismo”

O saneamento en todas as Rías debía estar garantido segundo unha directiva da Unión Europea desde o ano 2008, mais a realidade é que no Concello de Paderne e no de Bergondo séguese vertendo directamente en moitos puntos e mesmo Mandeo arriba en Betanzos.

“No mellor dos casos construíronse decantadoras, que só separan os residuos por peso pero non eliminan as bacterias da auga”, criticou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “Chegan fondos a través da reserva da Biosfera e do GDR que entendemos que deberan ter como finalidade prioritaria o saneamento en toda a Ría”.

“Non é normal que se malgasten cantidades tremendas de cartos, coma no caso da praia de Miño, en area sen estudo ningún das correntes nin saber onde vai acabar, e se manteñan vertidos directos á Ría”, criticou López, “a prioridade debera ser garantir en primeiro lugar a calidade das augas e despois un estudo serio das correntes para asegurarnos de que esa area non vai acabar na metade da Ría no primeiro temporal do inverno”.

O BNG reclamou ao goberno local que faga públicas as análises que levaron ao peche de Gandarío