O BNG de Oza dos Ríos lamenta que o PP impedira debater a moción sobre o GES no Pleno

O BNG de Oza dos Ríos lamenta que o PP impedira debater a moción sobre o GES no Pleno

Estefanía Busto, concelleira do BNG de Oza dos Ríos

Oza dos Ríos, 28 de abril de 2014. O BNG de Oza dos Ríos presentou no pleño desta mañá unha moción de urxencia na que solicitaba a regulación das taxas polo Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Curtis, mais o PP impediu que se debatera esta moción. “O goberno local do PP prefire defender aos seus compañeiros de partido antes que á veciñanza, que pagará a taxa máis alta da provincia”,  afirmou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos.

“O GES de Curtis é un dos 7 creados na provincia da Coruña e presta servizos aos concellos de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Aranga, Cesuras e Oza e está subvencionado até o 80% pola Deputación e Xunta, polo que as localidades só asumen o 20% do custe anual”, explicou a voceira nacionalista, “o concello de Curtis vén de aprobar unha ordenanza na que se recolle a taxa pola prestación deste servizo (20€/hora), o que supón que será a máis alta da provincia”.

O BNG explicou con exemplos concretos o desfase de prezos “se comparamos o custo do GES de Curtis co de Mugardos, gobernado polo BNG vemos que o prezo por hora en Mugardos é de 13, 85€, fronte os 20 euros de Curtis, asimesmo o prezo de quilometraxe por desprazamento dos efectivos vai do 0,21€/km en Mugardos até 1,20 en Curtis”, afirmou a concelleira nacionalista.

“O goberno local do PP prefire defender seus propios intereses antes que á veciñanza, que pagará a taxa máis alta da provincia”

“Mais isto non é todo, cada vez que os efectivos de Curtis teñan que desprazarse fóra do municipio o prezo incrementarase nun 50%, malia ser un servizo supramunicipal e estar dentro do seu ámbito de actuación” explicou Busto, “a única lectura que podemos sacar disto é que o PP de Curtis pretende facer negocio a costa da veciñanza da comarca e co visto bo dos alcaldes da comarca”.

A concelleira nacionalista explicou que xa tiñan rexistrado esta e outras mocións pero que unha vez máis o PP non as incluíu na orde do día do Pleno. “O concepto de democracia do Partido Popular no novo concello resultado da fusión segue sendo non permitir que se debatan ningunha das nosas propostas”, criticou Busto, “están a impedir que os veciños e veciñas que apostaron polo BNG se vexan representados”.

O PP sigue impedindo que o BNG teña a representación que lle corresponde na Xunta Xestora.

“O PP volveu nomear a través do DOG un novo membro da xestora sabendo previamente que esta persoa ía presentar a súa renuncia coa única intención de seguir impedindo que o BNG teña a representación que lle corresponde na Xunta Xestora”, criticou Estefanía Busto, “en lugar de poñerse en contacto con nos para nomear a representación que nos correspondería seguen nomeando persoas que saben previamente que van renunciar e seguen demorando todo o posíbel dar conta aos Plenos para impedirnos ter a representación que nos corresponde”.

O BNG de Oza dos Ríos lamenta que o PP impedira debater a moción sobre o GES no Pleno