O BNG de Oza dos Ríos exixirá ao goberno local que solucione o problema da auga en Cesuras

O BNG de Oza dos Ríos exixirá ao goberno local que solucione o problema da auga en Cesuras

Estefanía Busto, concelleira do BNG no Pleno

Oza dos Ríos, 27 de febreiro de 2014. O BNG de Oza Dos Ríos anunciou que solicitará no pleno de mañá ao goberno local que solucione os problemas da auga en Cesuras, xa que desde o pasado luns Sanidade prohibiu o seu consumo en Cesuras, “non é a primeira ocasión, desta vez foi un vertido, mais o problema non é novo, desde fai meses no colexio teñen que mercar auga embotellada” apuntou Estefanía Busto, portavoz do BNG en Oza dos Ríos.

“Hai máis de trescentas familias afectadas que levan unha semana sen subminstro de auga, o deber do goberno local é darlles unha solución inmediata” informou, “ademais dos establecementos comerciais, o centro de saúde e o colexio, a veciñanza merece ser informada e saber cal é o problema e cando se lle dará solución” engadiu Busto.

“O BNG preguntou en dúas ocasións que actuacións estaba facendo o concello para dar solución a este grave problema e non obtivemos ningunha resposta”

Os nacionalistas tamén lembraron que xa se interesaron por este asunto en anteriores plenos “o BNG preguntou en dúas ocasións que actuacións estaba facendo o concello para dar solución a este grave problema e non obtivemos ningunha resposta” informou a voceira nacionalista.

“É un escándalo que mentres se gastan os cartos públicos en pérgolas, parte da veciñanza teña que mercar a auga, o PP mostra así cales son as súas prioridades, e polo que se ve non son as veciñas e veciños” concluíu Busto.

O BNG de Oza dos Ríos exixirá ao goberno local que solucione o problema da auga en Cesuras