O BNG exixe que a alcaldesa explique a súa implicación na trama Pokemon

O BNG exixe que a alcaldesa explique a súa implicación na trama Pokemon

Casa_do_Concello_de_Bergondo1Bergondo, 14 de febreiro de 2014. O BNG denunciou que a alcaldesa do PSOE “tentou amañar un contrato negociado para aquagest” segundo pon en evidencia o sumario da trama Pokemon.

“No mes de maio de 2012, segundo datos do mesmo sumario, a empresa convidou á alcaldesa de Bergondo e ao alcalde de Betanzos, ambos do PSOE, a un xantar no pazo de Mariñán, propiedade da Deputación provincial”, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas. “En xuño do mesmo ano, o sumario recolle un procedemento negociado en Bergondo, que a alcaldesa pretendía adxudicar a Aquagest”, indica López.

“O trato de favor tería chegado ao extremo de que a propia alcaldesa chama ao representante de Aquagest para que rectifique a documentación presentada, xa que senón non lle poderían adxudicar o contrato”, asegura.

“Exiximos á alcaldesa que aclare a súa implicación na trama Pokemon, xa que pensamos que xogar con cartos públicos para beneficiar a empresas amigas é éticamente moi reprobábel”

“Exiximos á alcaldesa que aclare a súa implicación na trama Pokemon, xa que pensamos que xogar con cartos públicos para beneficiar a empresas amigas é éticamente moi reprobábel. Sexa ou non delicto e resulte ou non imputada, parécenos que despois de coñecer estes datos os veciños e veciñas merecen unha explicación”, insistiu.

“Entendemos que a actual alcaldesa está eticamente desacreditada para ocupar calquera cargo de representación política”

“Entendemos que a actual alcaldesa está eticamente desacreditada para ocupar calquera cargo de representación política”, engadiu Cristina López. “Despois de ver como o Presidente da Xunta avalou no Parlamento as actuacións dos cargos do PP implicados, quereriamos saber se o PSOE tamén vai avalar estas actuacións ou vai exixir a renuncia da actual alcaldesa?”, concluíu.

O BNG exixe que a alcaldesa explique a súa implicación na trama Pokemon