O BNG denuncia o cinismo do PP, que reclama ao Concello de Bergondo que amañe unha vía da Deputación

O BNG denuncia o cinismo do PP, que reclama ao Concello de Bergondo que amañe unha vía da Deputación

guisamoBergondo, 27 de xaneiro de 2014. O BNG critica o ‘cinismo’ co PP ao levar unha proposta ao Pleno de Bergondo sobre a estrada entre Guísamo e Guiliade mentres, desde a Deputación deixa caducar o expediente da primeira fase da obra de seguridade viaria e da segunda nada se sabe.

“O Partido Popular sabe de sobra que a competencia sobre esta estrada e da Deputación e non do Concello de Bergondo, e polo tanto é a Deputación gobernada, por certo, polo mesmo PP, a que ten que actuar”, explicou David Carro, do BNG de Bergondo. “Que se deixe de facer o paripé e que actúe na Deputación para solucionar o problema”.

Desde o BNG, alegráronse de que finalmente en semanas pasadas a Deputación talara as árbores que “causaban mais problemas de seguridade viaria neste tramo da estrada entre Guísamo e Guiliade e protestas da veciñanza”, indicou Carro, “de feito esta foi unha das demandas na xuntanza que mantivemos coa veciñanza o mes pasado e que trasladamos á Deputación Provincial”.

“Parécenos un pouco hipócrita que o Partido Popular leve estas propostas ao Pleno, despois de levar dous anos e medio na presidencia da Deputación e non facer nada para mellorar a seguridade viaria neste tramo perigoso entre San Paio e Guiliade”

“Levamos anos reclamando unha senda peonil e melloras na seguridade viaria nesta estrada e trasladamos varias veces á Deputación, a través de Silvia Seixas, deputada do BNG estas demandas”, informou. “Parécenos un pouco hipócrita que o Partido Popular leve estas propostas ao Pleno, despois de levar dous anos e medio na presidencia da Deputación e non facer nada para mellorar a seguridade viaria neste tramo perigoso entre San Paio e Guiliade”, denunciou Carro. “O único que fai o PP é intentar demostrar unha preocupación polo tema que non ten, se fose real chamaría ao presidente da Deputación para exixir axilidade nesta obra”, concluíu.

Seguridade viaria na estrada Tatín-Moruxo

Os nacionalistas “congratuláronse” tamén de que “por fin a deputación provincial se decidise a actuar para garantir a seguridade viaria na estrada Tatín – Moruxo, como o BNG ven reclamando desde o mes de maio do ano pasado cando a veciñanza nos trasladou as súas queixas sobre esta obra que leva anos de retraso”.

O BNG denuncia o cinismo do PP, que reclama ao Concello de Bergondo que amañe unha vía da Deputación