O BNG das Mariñas organiza unha charla sobre o funcionamento do sector eléctrico

O BNG das Mariñas organiza unha charla sobre o funcionamento do sector eléctrico

cartaz luzBetanzos, 22 de xaneiro de 2013. O BNG das Mariñas organiza en Betanzos unha charla informativa sobre obre o funcionamento do sector eléctrico e como interpretar o recibo da luz.

Para o BNG o suposto déficit tarifario non é máis que unha xustificación do goberno do Estado para incrementar ano tras ano o prezo da enerxía aos usuarios e usuarias, que soportan a factura máis cara de Europa, en beneficio só das grandes compañías eléctricas españolas.

Ademais, Galiza é excedentaria na produción de electricidade, padecendo os custos sociais e medioambientais coa explotación dos nosos recursos naturais, sen obter ningún beneficio desta condición. Por iso, é que desde o BNG vimos demandando unha tarifa eléctrica propia, cunha redución do prezo da electricidade, onde non só se beneficiarán as familias, senon tamén as empresas e as industrias do país para poder manter a súa actividade ante os elevados custes enerxéticos.

Nesta charla, aberta a todas as persoas interesadas un asesor enerxético explicará como interpretar o recibo da luz

Con este acto, o BNG das Mariñas denuncia os escuros recibos da luz, as subidas constantes e desproporcionadas do prezo da enerxía, o espolio dos recursos naturais de Galiza e a tributación en Madrid por parte das empresas que se aproveitan dos nosos recursos.

A charla, aberta a todas as persoas interesadas, será o xoves 23 de xaneiro, ás 20.30 h., na sala de usos múltiples do Liceo en Betanzos. Ademais de tratar sobre o negocio das compañáis eléctricas explicarase o que di o noso recibo da luz. Intervirán Henrique del Río, portavoz do BNG en Betanzos; Fernando Branco, exdeputado do BNG e Xosé M. Golpe, asesor enerxético.

O BNG das Mariñas organiza unha charla sobre o funcionamento do sector eléctrico