Ana Miranda reúnese en Gandarío cos afectados e afectadas pola depuradora

Ana Miranda reúnese en Gandarío cos afectados e afectadas pola depuradora

gandario 1Bergondo, 8 de abril de 2014. A candidata do BNG ao Parlamento europeo, Ana Miranda, e outros representantes do BNG visitaron a praia de Gandarío para ver o lugar onde se vai instalar a EDAR e despois celebraron un encontro cos veciños e veciñas afectados.

No encontro interviron David Carro do BNG de Bergondo, Amancio Sotillo da comisión de medio ambiente do BNG e a candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda.

“Ademais do elevado impacto paisaxístico, o tipo de depuradora presenta elevados riscos de verquidos incontrolados, e un alto custo de mantemento polo elevado consumo de enerxía”, explicou Sotillo, “a área préstase a aplicar solucións de depuración descentralizada de tipo natural que resolverían estes problemas, como xa propuxo o BNG no seu momento”.

O BNG xa formulou unha pregunta á Comisión no Parlamento Europeo da man de Ana Miranda

“A pesar de que houbo un acordo do Pleno do Concello de 2006, que solicitaba que se construíra soterrada, para minimizar o seu impacto, a instalación depuradora construirase sobre-elevada sobre a rasante natural do terreo, e as edificacións poden atinxir os 8 m de altura”, indicou Sotillo.

“O custo do investimento resulta de 635 euros/habitante e poden estimarse custos de mantemento de 0,28 euros/m3, o que resulta en 250 000 euros anuais, deles, uns 70 000 euros anuais en enerxía, o que resulta inasúmibel para un concello como Bergondo”, explicou David Carro. “O elevado custo enerxético derívase do tipo de procesos previstos: aireación prolongada e desinfección ultraviloteta”, engadiu.

“Por outra banda, ao tratarse dunha rede que non separa fluviais de fecais requírese o funcionamento de 3 bombeos, debemos ter en conta os fallos periódicos nestes bombeos e a incapacidade para absorber caudais en situación de fortes chuvias, polo que poderán existir frecuentes situacións de verquidos incontrolados sen depurar”, criticou Carro.acto gandario

O BNG xa trasladou esta problemática no mes de novembro pasado como pregunta á Comisión europea da man de Ana Miranda. A candidata do BNG animou aos veciños e veciñas a seguir loitando por un sistema de depuración sostíbel e que non entrañe os riscos medioambientais que ten este proxecto.

“O custo do investimento resulta de 635 euros/habitante e poden estimarse custos de mantemento de 0,28 euros/m3, o que resulta en 250 000 euros anuais, deles, uns 70 000 euros anuais en enerxía, o que resulta inasúmibel para un concello como Bergondo”

“Esta ubicación é un capricho gubernamental  que en lugar de atender as demandas cidadás que reclaman unha ou varias EDAR na situación correcta e que non produzan tanto impacto, ambiental, sobre os recursos mariños e sobre o turismo xa que estas augas de baño son moi apreciadas segue insistindo nunha ubicación inadecuada”, explicou Ana Miranda na súa intervención.

“É hora que a Unión Europea se reformule que os fondos de cohesión destinados a este fin, deben servir para realizar proxectos útiles, con situacións axeitadas, con todas as garantías medio ambientais”, indicou Miranda.

Ana Miranda reúnese en Gandarío cos afectados e afectadas pola depuradora