Resume do encontro cos sectores produtivos en Montesalgueiro (Aranga)

Consideramos moi importante garantir o acceso ás terras agrarias para ás persoas que están dispostas a explotalas, cousa que actualmente non está garantida debido ao monocultivo de eucalipto

Resume do encontro cos sectores produtivos en Montesalgueiro (Aranga)

O encontro centrouse na necesidade de planificación para garantir a seguridade dos núcleos de poboación, fronte ao monocultivo de eucalipto que supón un perigo a carón dos núcleos e as vivendas. Consideramos moi importante garantir o acceso ás terras agrarias para ás persoas que están dispostas a explotalas, cousa que actualmente non está garantida debido ao monocultivo de eucalipto. Falouse da importancia de apoiar experiencias en Betanzos como ás que están xurdindo dentro da IXP do viño de Betanzos que traballan có branco lexitimo como Conexión Mandeo. Garantir o uso dos solos para garantir seguridade aos nucleos. Percíbimos como un grave problema a tendencia á perda da poboación nos concellos rurais da nosa comarca, que se viu nos últimos datos do INE. E fíxemos fincapé na necesidade de combater pragas como a da vespa velutina, a couza da pataca ou a “avispilla” para as froiteiras e os castiñeiros. En resume desde o BNG apostaron por un modelo que busque o beneficio colectivo en lugar do beneficio para algunhas empresas. No encontro ademais de Mini e representantes do BNG da comarca participaron persoas como Tonecho Meixide.