A DESCARGA DA APLICACIÓN É COMPLETAMENTE GRATUÍTA E PÓDESE FACER ESCANEANDO O CÓDIGO QR QUE SE PUBLICARÁ NAS REDES SOCIAIS DO BNG

Puxemos en funcionamento unha APP para móbiles para recoller propostas para o programa electoral

Esta ferramenta estará activada para todos os concellos da comarca das Mariñas -Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño, Irixoa, Paderne e Oza-Cesuras- para que a veciñanza poida facer as súas achegas e propostas ao BNG

Puxemos en funcionamento unha APP para móbiles para recoller propostas para o programa electoral

Betanzos, 22 de febreiro de 2019. O BNG puxo en funcionamento unha app para móbiles para recoller propostas para o programa electoral das municipais. A app estará dispoñíbel para móbiles android e estará operativa para todos os concellos da comarca. “Con esta aplicación para dispositivos móbiles, calquera persoa poderá achegar ideas e proposta para o noso programa de goberno”, explicou o candidato á alcaldía de Betanzos, Henrique del Río.

A aplicación xa se pode descargar dende o Play Store e tamén se poderán facer achegas a través das redes sociais do BNG. Del Río afirmou que “a aposta do BNG é estar onde está a sociedade actual e por iso abrimos foros de participación nas redes sociais e a través das aplicacións para móbiles”. A descarga da aplicación é completamente gratuíta e pódese facer escaneando o código QR que se publicará nas redes sociais do BNG.

“Teremos en conta todas as propostas que recibimos e incluiremos no noso programa de goberno aquelas que sexan coincidentes co noso modelo de concello” explicou o portavoz nacionalista. Está aplicación únese, como ferramenta de comunicación, ás redes sociais que o BNG xa ten posto en marcha en Facebook, Twitter e Instagram na comarca das Mariñas.

“A app está producida aquí en Galiza e desde o BNG pensamos que hai moito marxe para crear postos de traballo no País apostando polas novas tecnoloxías”, engadiu o portavoz nacionalista.

Dispoñíbel para todos os concellos da comarca

Esta ferramenta estará activada para todos os concellos da comarca das Mariñas -Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño, Irixoa, Paderne e Oza-Cesuras- para que a veciñanza poida facer as súas achegas e propostas ao BNG. Na presentación estiveron presentes candidatos de toda a comarca.