Eliximos o novo Consello das Mariñas

Novo Consello das Mariñas
Novo Consello das Mariñas

O BNG das Mariñas elixiu onte a súa nova dirección dentro do proceso da XVI Asemblea Nacional. A responsábel continuará sendo Cristina López

Eliximos o novo Consello das Mariñas

Betanzos, 19 de Abril de 2017. O BNG das Mariñas elixiu onte a súa nova dirección dentro do proceso da XVI Asemblea Nacional. A responsábel continuará sendo Cristina López, que encabezou a única candidatura proposta polo consello saínte e foi elixida por unanimidade.

O novo consello comarcal composto por persoas que conxugan unha dilatada experiencia nos movemento sociais e institucionais, recolle a pluralidade da organización así como cambios xeracionais coa participación de xente moza.

Acompañan a Cristina López no grupo de dirección, Henrique del Río, Henrique Abraira, Pura Ferreño, Victor Souza, Adrián Laxe, Estefanía Busto, Xesús Domenech, Carlos Días e Ana Rial aos que se sumarán un representante de cada localidade e unha persoa en representación da mocidade de Galiza Nova.

“Prometemos moito traballo e moita ilusión nesta nova etapa para facer ao BNG útil para os veciños e veciñas”, explicou Cristina López, “queremos que o BNG sexa imprescindíbel para os cambios políticos que precisamos nos concellos da nosa comarca e no País”.