O deputado Mini Rivas reúnese en Aranga con sectores produtivos das Mariñas

“O encontro con Mini Rivas será un espazo de intercambio de experiencias sobre a situación do sector primario na comarca e unha análise conxuntas das súas necesidades. Trátase dunha oportunidade para pór en comun alternativas para o agro, pensadas por quen cre de verdade nas nosas aldeas”

O deputado Mini Rivas reúnese en Aranga con sectores produtivos das Mariñas

Aranga, 10 de xaneiro. No marco das “Bases democráticas para unha nova Galiza”, o BNG das Mariñas organiza este xoves, día 11 de xaneiro, un encontro entre o seu deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas “Mini” e unha nutrida representantación dos sectores produtivos das comarca das Mariñas.

“No encontro”, aclara a responsábel do BNG comarcal, Cristina López, “de carácter aberto aínda que centrado nos problemas dos sector primario, prevemos un intercambio de experiencias sobre a situación do sector primario na comarca, e tamén un análise conxunto sobre as súas necesidades”.

Este acto é semellante a outros realizados polo BNG ao longo do 2017, nos cales o BNG ten abordado a vida no rural os probemas máis habituais, seguido das propostas nacionalistas para revitalizar a economía dos sectores produtivos. 

“O encontro deste xoves será ademais”, engade a voceira do BNG comarcal, “unha oportunidade máis para pór en común alternativas para o agro, que visibilizen as ideas de quen si aposta polas nosas aldeas”.

O BNG das Mariñas convida, pois, ao público interesado a asistir ao encontro o vindeiro xoves 11 de xaneiro ás 17 h., na parrillada 'O Parador' en Montesalgueiro (Aranga).