Demandamos que se restitúan as paradas na liña férrea A Coruña-Monforte ao paso polas Mariñas

David Carro, Carlos Díaz, Henrique del Río e Estefanía Busto na estación de tren de Betanzos-Infesta
David Carro, Carlos Díaz, Henrique del Río e Estefanía Busto na estación de tren de Betanzos-Infesta
Esta liña atravesa na nosa comarca os Concellos de Bergondo, con apeadeiro pechado en Guísamo, Betanzos, coa estaación Betanzos-Infesta e o apeadeiro anulado de A Graña) e as tres de Oza-Cesuras (a de Oza, a de Cesuras e a de Piñois), con servizos testemuñais, ademais da de Aranga
Demandamos que se restitúan as paradas na liña férrea A Coruña-Monforte ao paso polas Mariñas

Betanzos, 23 de setembro de 2019. O BNG presentou unha moción nos concellos de Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras e Aranga para que reclamen de Renfe e Adif a inmediata posta en funcionamento co carácter de “paradas facultativas” ás estacións e apeadeiros na liña A Coruña–Monforte–Ponferrada, así como os que todavía estando formalmente en funcionamento non contemplan esa opción en moitos servizos.

“O 28 de setembro cúmprense 20 anos de que a estación de Aranga deixara de prestar servizo ferroviario coa anuencia das administracións central e autonómica, se decidiu de xeito arbitrario e discrecional poñer fin a máis de 115 anos de acceso aos servizos ferroviarios na liña A Coruña-Monforte- Ponferrada” recordan as nacionalistas.

“Esta liña atravesa na nosa comarca os Concellos de Bergondo, que aínda conserva un apeadeiro en desuso, de feito foi demolido en grande parte  situado en Guísamo, o seu principal núcleo de poboación, Betanzos ten dúas paradas neste traxecto (Betanzos-Infesta e o apeadeiro anulado de A Graña) e as tres de Oza-Cesuras (a de Oza, a de Cesuras e a de Piñois con servizos testemuñais)” remarcan os nacionalistas.

A responsábel comarcal do BNG, Cristina López, ironizou co “curioso que resulta que nun concello que ía ser tan beneficiado logo da súa fusión, como Oza-Cesuras, con tres estacións e non ten servizo, ademais da de Aranga que foi pechada hai agora 20 anos”, explicou a responsábel comarcal do BNG, Cristina López.

Mellora de horarios e conectividade con Longa Distancia

Por este motivo o BNG pedirá ademais a adecuación de horarios de tres servizos, mañá, mediodía e serán, en ambos sentidos, que faciliten a chegada ás grandes cidades e os transbordos cos servizos de Longa Distancia e a asimilación tarifaria, así como de axudas, subvencións e bonificacións, en igualdade de condicións ao transporte colectivo por estrada (Tarxeta Metropolitana Xunta de Galiza).

“Para facilitar que esta infraestrutura poida ser utilizada pola veciñanza. O tren foi historicamente un medio de transporte factor de igualdade e cohesión social, vertebrador do territorio e favorecedor da interacción entre os ámbitos rurais e urbanos, a política de eliminación de estacións e apeadeiros consolidou ao ferrocarril como unha ferramenta ao servizo do despoboamento, o atraso e a perda de oportunidades para unha parte importante da Galiza interior”, engadiu a nacionalista.

Desde o BNG piden tamén da Xunta que promova unha mellora integral da infraestrutura, incorporando a dupla vía, mellorando o trazado, eliminando definitivamente os pasos a nivel, electrificándoa e aumentando os sistemas de seguridade. Resultando unha liña mixta viaxeiros – mercadorías  homologada aos estándares actuais europeos.

Unha liña de ferrocarril de proximidades cara A Coruña

O BNG demanda da Xunta, ademais, que estableza os mecanismos oportunos para a creación dun ente ferroviario galego, en exercicio das competencias propias da Autonomía. “Esta liña, con estas paradas e con horarios acaídos, permitiría facer traxectos de ida e volta cara A Coruña retirando moito tránsito rodado da N-VI e da A6”, conclúen.