Busto: “O PP recorre unha vez máis a plenos extraordinarios dificultando a labor da oposición"

Busto: “O PP recorre unha vez máis a plenos extraordinarios dificultando a labor da oposición"

O BNG denuncia de novo a falta do PP ás mínimas formas democráticas.

Oza dos Ríos, 23 de decembro de 2012. O BNG denuncia que o goberno local recorre unha vez máis a convocatorias extraordinarias cunha orde do día de pleno ordinario, para a aprobación definitiva POS e dos Orzamentos de 2012 e 2013.

“Fai menos dunha semana que se celebrou un pleno ordinario e o alcalde, unha vez máis, recorre a convocatorias extraordinarias, dificultando a labor da oposición” informou a concelleira nacionalista, “non está xustificada a urxencia da convocatoria de mañá, en pleno Nadal, ademais os puntos a tratar xa levan meses enriba da mesa” apuntou Busto.

“O Partido Popular segue actuando como se o concello fose a súa casa, faltándolle ao respecto á cidadanía e aos seus representantes e saltándose ás mínimas formas democráticas” criticou a voceira do BNG, “o PP continúa coas súas prácticas caciquís, chegounos a convocatoria na tarde do sábado, para un pleno que se debe celebrar o luns, impedindo aos representantes dos veciños exercer a súa labor”.

O BNG presentou alegacións aos orzamentos de 2012 e 2013, “as nosas reclamacións céntranse no escándalo que supón o gasto en atencións protocolarias, mentres hai parroquias que non teñen cubertos os servizos mínimos como a traída de augas ou o saneamentos” criticou a portavoz nacionalista.

Do mesmo xeito o BNG tamén criticou a destrución de emprego que supón o orzamento do vindeiro ano “ademais da destrución de emprego, isto terá unha repercusión directa sobre a calidade dos servizos que ten que prestar o concello.”

Plan Provincial de Cooperación ás obras de Servizos

“A proposta que leva a alcaldía para o POS inclúe a pavimentación de rúas, desde o BNG non nos opoñemos á realización destas obras” apuntou Busto “mais o que si reclamamos é que se permita participar á veciñanza e aos seus representantes na toma destas decisións”.

Busto: “O PP recorre unha vez máis a plenos extraordinarios dificultando a labor da oposición"