O BNG reclama un orzamento participativo

O BNG reclama un orzamento participativo

Bergondo, 10 maio de 2013. O BNG demanda ao goberno local, do PSOE e Veciños de Bergondo,  elabore os orzamentos dun xeito participativo, contando co parecer dos veciños e veciñas. “Os orzamentos participativos son unha garantía de transparencia”, recordaron os nacionalistas, “ademais, contribúe a promover a participación e que a xente se involucre na xestión do concello”.

Desde o BNG cren que un documento tan importante para o concello como é o orzamento”. “O método escollido polo goberno para elaborar o orzamento non nos parece acaído, xa que está dando as costas á veciñanza”, indicaron.n que é necesario que o goberno local “explique á xente o seu proxecto de orzamento e escoite aos veciños e veciñas antes de aprobar

“O que se está a facer da a sensación de ser un cambio de cromos, de unhas obras por outras, para conseguir apoios a estes orzamentos. O que ten que facer o goberno local é atender ás verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas que pasan en primeiro lugar por acabar coa taxa de desemprego mais alta de toda a comarca”, criticaron.

“É necesario que o goberno local explique á xente o seu proxecto de orzamento e escoite aos veciños e veciñas antes de aprobalo”

Ademais, desde o BNG insisten en que “o mais importante nun momento coma este é incrementar os fondos que se dedican a gasto social e promocion de emprego”. Estas son as áreas mais importantes e as que centran a preocupación da veciñanza “os nosos veciños e veciñas non entenderían que un goberno que se di progresista recortara nestas áreas.

Os nacionalistas explicaron que tampouco lles parece de recibo “que se estean debatindo no mes de maio uns orzamentos que tiñan que estar aprobados antes do final do ano pasado”.

O BNG valorou os datos de desemprego que se fixeron públicos esta semana.

“Entendemos que o positivo destes datos é que se reducen timidamente as cifras de desemprego, mais seguen sendo uns datos terribeis e un drama para moitos dos nosos veciños e veciñas”, criticaron desde o BNG, “nos fixemos varias propostas para intentar reducir estes datos, como a creación dun viveiro de empresas e o goberno local negouse mesmo a debatilas no Pleno”.

O BNG reclama un orzamento participativo