O BNG organiza nas Mariñas un ciclo de cinema feminista

O BNG organiza un ciclo de cinema feminista nas Mariñas. “Con esta actividade buscamos concienciar á veciñanza sobre a desigualdade e a violencia en todos os aspectos da vida das mulleres.

O BNG organiza nas Mariñas un ciclo de cinema feminista

Betanzos, 13 de decembro de 2014. O BNG organiza un ciclo de cinema feminista nas Mariñas. “Con esta actividade buscamos concienciar á veciñanza sobre a desigualdade e a violencia en todos os aspectos da vida das mulleres. A violencia contra as mulleres non é só unha paliza ou un feito puntual senón que está presente en todos os aspectos da nosa sociedade”, explicou Cristina López, responsábel do BNG das Mariñas.

O luns 15 no local social da rúa en Miño proxectarase a curta “Maoría oprimida” que presentará Olalha Lopes. O ciclo continuará o martes 16 de decembro na librería Biblos en Betanzos coa curta “10 cm máis preto do ceo” de Raquel Rei, que presentará Goretti Sanmartín. O peche será o sábado día 20 en Bergondo, no local social de Guísamo coa curta “o soño imposíbel” que presentará Victoria Louro, responsábel de acción feminista do BNG da Coruña.

“Pensamos que actividades coma estas que permitan o debate entre as propias mulleres e que conciencien á sociedade sobre a violencia e a desigualdade presente en todos os aspectos son moi necesarias”, explicou Cristina López, quen aproveitou para convidar a todas a veciñanza da comarca a asistir e participar facendo propostas que permitan avanzar na igualdade.

“Pensamos que actividades coma estas que permitan o debate entre as propias mulleres e que conciencien á sociedade sobre a violencia e a desigualdade presente en todos os aspectos son moi necesarias”

“Facer un acto unha vez no ano coincidindo co 25 de novembro non é suficiente para concienciar á sociedade da desigualdade que provoca os actos extremos de violencia que estamos vendo a diario. Desde o BNG intentamos poñer o noso gran de area na loita de moitas mulleres e colectivos feministas por concienciar desde a base á sociedade para promover cambios reais”, concluíu a responsábel do BNG das Mariñas.

O BNG organiza nas Mariñas un ciclo de cinema feminista